Dead Can Dance foi unha banda australiana formada en Melbourne en agosto de 1981. Os seus piares foron Lisa Gerrard e Brendan Perry. A banda trasladouse a Londres en maio de 1982 e separouse en 1998, pero reuniuse temporalmente para unha xira mundial en 2005. O seu álbum de 1996 Spiritchaser acadou o número 1 na lista Billboard Top World Music Albums Chart. No 2011 voltaronse formar, editaron o seu disco Anastasia no 2012 e volveron os escenarios, mantendo por agora unha actividade ininterrompida por case que todo o planeta.
O son das súas músicas é atmosférico, recorrendo a melodías medievais, cantos gregorianos, o iso intensivo de sintetizadores e órganos. Alternan momentos moi tranquilos e relaxados con outros con fortes percusións. Parte da súa influencia vén das músicas autoctonas do nordeste da Australia, feita con didgeridoo. Son parte dos precursores do novo movemento das 'músicas do mundo', na que se mestura músicas de diferentes culturas e tempos indiscriminadamente.
Discografía Álbum Ano Selo Dead Can Dance 1984 4AD, Warner Bros. Spleen and Ideal 1986 4AD, Warner Bros. Within the Realm of a Dying Sun 1987 4AD, Warner Bros. The Serpent's Egg 1988 4AD, Warner Bros. Aion 1990 4AD, Warner Bros. Into the Labyrinth 1993 4AD, Warner Bros. Spiritchaser 1996 4AD, Warner Bros. Anastasia 2012 Pias RecordingsDionysus2018Pias Recordings
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Dead Can Dance Library
Categoría:Grupos musicais de ethereal wave Categoría:Grupos musicais de rock gótico Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de Melbourne Categoría:Grupos musicais formados en 1981