O nervio axilar é un nervio do membro superior humano pertencente á rexión posterior da escápula. Orixínase no fascículo posterior do plexo braquial. Sae da axila pola parede posterior e entra na rexión posterior escapular, onde discorre preto da arteria e vea circunflexa umeral posterior, pasando polo colo cirúrxico do úmero.

O nervio axilar innerva: O músculo deltoide O músculo redondo menor

Ten ademais unha póla cutánea, o nervio cutáneo lateral superior do brazo, que recolle a sensibilidade xeral da pel situada sobre a parte inferior do músculo deltoide Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body. Edición de 1918 de dominio público

Categoría:Sistema nervioso