Ernesto Viéitez Cortizo, nado en Pontevedra o 28 de agosto de 1921 e finado na mesma cidade o 21 de setembro de 2013, foi un científico, profesor e investigador na área da fisioloxía vexetal, ademais de político.

Traxectoria Estudou a licenciatura en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela (USC), e doutorouse en Farmacia pola daquela chamada Universidade Central de Madrid, actualmente, Universidade Complutense de Madrid (UCM).

Investigador e, despois, profesor de Investigación e conselleiro de número do CSIC, foi xefe da Sección de Fisioloxía Vexetal da Misión Biolóxica de Galicia entre 1951 e 1963, membro do Consello Internacional do Castiñeiro (1953), director do Instituto de Investigacións Xeolóxicas, Edafolóxicas e Agrobiolóxicas de Galicia (1963-84) e director do Instituto de Orientación e Asistencia Técnica de Galicia (1964-70).

Foi elixido deputado provincial de Pontevedra en marzo de 1952.El Pueblo Gallego, 25-3-1952, p. 7.

Catedrático de Fisioloxía Vexetal da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago desde (1967), pasou, por concurso de traslado á de Ciencias da mesma universidade, onde foi catedrático de Bioloxía (1966) e de Fisioloxía Vexetal (1971), sendo decano da de Ciencias (1975-76) e da nova Facultade de Bioloxía da USC (1978-1982). Foi Presidente da Sociedad Española de Fisiología Vegetal (1976-1981), membro do Consello Executivo da Federation European of Society of Plant Physiology (1977-1978) e Presidente da Real Academia Galega de Ciencias.

Viéitez Cortizo traballou en diferentes centros científicos estranxeiros (ingleses, estadounidenses, portugueses) e participou en numerosos congresos científicos. Foi membro de varias sociedades científicas internacionais: Sociedad Española de Suelo, Scandinavian Society of Plant Physiology, American Society of Plant Physiologists, Sociedad Española para el Estudio de los Pastos, Sociedad Internacional de la Ciencia de Suelo, American Institute of Biological Sciences, International Plant Growth Substances, Sociedad Española de Fisiolgía Vegetal, International Plant Propagators’, Ferderation European of Societies of Plant Physiology e Kung.Fysiografiska Sallskapet Lund.

Encabezou a candidatura de Alianza Popular nas municipais de 1983 en Santiago de Compostela, e accedeu á alcaldía entre 1986 e 1987 tras unha moción de censura.

Obra Libros: Los reguladores del crecimiento en las plantas: su impacto en la agricultura. Santiago, Universidade de Santiago, 1984. ISBN 84-7191-339-9 Estudios sobre la producción de pastos en la provincia de Pontevedra (en colaboración co Ramón Fábregas Lorenzo). Pontevedra, Deputación Provincial, 1977. ISBN 84-500-1974-5 El castaño (en colabroración con F. J. Viéitez Madriñán e Mª. L. Viéitez Madriñán), León, Edilesa, 1996. ISBN 84-8012-134-3 O Castiñeiro: bioloxía e patoloxía (en colabroración con F. J. Viéitez Madriñán e Mª. L. Viéitez Madriñán). Santiago, Consello da Cultura Galega, 1999. ISBN 84-49541508-9 A Natureza ameazada (editor, con X. M. Rey Salgado). Santiago, Consello da Cultura Galega, 2005. ISBN 84-95415-97-6

Interveu, como investigador principal e/ou director, entre outros, nos seguintes proxectos de investigación:

Plan de defensa y regeneración de castaño en España (1954-1965) Mejora de la alimentación del ganado vacuno y de la producción de pastos en Galicia (1958-1963) Aislamiento e identificación de las hormonas vegetales asociadas con la formación de raíces y callo en los esquejes leñosos (1962-1967) Estudio de la transformación de brezales en pastizales y praderas en Galicia (1964-1967) Proyecto de transformación de brezales de Galicia en Pastizales (1976-1979) Identificación y propagación de castaños reistentes (1979-1983)

Publicou uns 130 traballos de investigación en diferentes revistas científicas (Ana. Edaf. Fis. Veg., Ana. Jar. Bot., Ana. Real Acad. Farm., Anal. Efad. Agrob., Phytochem, Biol. Acad, Gall. Cen., Hort. Science, Jour. Hort. Science etc.)

Dirixiu unhas 25 teses de doutoramento e unhas 100 de licenciatura.

Distincións Premio Extraordinario de Doutoramento (1946) Premio da Real Academia de Farmacia (1946) Premio Juan de la Cierva (1947) Premio Alonso de Herrera (1954) Premio do Departamento de Agricultura dos Estados Unidos (1957) Premio de Investigación da Deputación de Pontevedra (1972), (1974) e (1976) Premio de Investigación da Xunta de Galicia (1992)

Condecoracións Encomenda da Orde de Afonso X o Sabio Medalla de Prata ao Mérito Deportivo Cruz do Mérito Naval de 1ª clase

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Consello da Cultura Galega: O castiñeiro: bioloxía e patoloxía. PDF Consello da Cultura Galega: A natureza ameazada. PDF

Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Membros da Real Academia Galega das Ciencias Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia

Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra

Categoría:Nados en Pontevedra

Categoría:Nados en 1921 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2013 Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid