miniatura|Nanook of the North. Nanook of the North é unha longametraxe de 1922 de xénero documental dirixida por Robert J. Flaherty. É considerado o primeiro filme documental da historia.Peliculas.info

Sinopse Conta as duras condicións de vida dunha familia inuit no ártico. A detallada realidade deste pobo que vive nun clima case imposible para o resto dos humanos, é o que plasmou o antropólogo, explorador e cartógrafo Robert J. Flaherty cando foi rodar a vida do esquimó Nanook e da súa familia, na Baía de Hudson, Canadá, a comezos dos anos vinte.

Personaxes Allakariallak como Nanook Nyla como esposa de Nanook Cunayou como esposa de Nanook Allee como fillo de Nanook Allegoo como fillo de Nanook

Acollida O documental de Flaherty apenas obtivo un nulo interese nos Estados Unidos xa que nin tan sequera existía o termo documental como xénero cinematográfico naqueles anos. Só tralo seu éxito en Europa, grazas á distribución por parte de Pathé, acadou gran notoriedade.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Nanook Ligazóns externas Ficha na IMDb Rotten Tomatoes AllMovie Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1922 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes rodados no Quebec Categoría:Filmes ambientados no Quebec Categoría:Filmes sobre cazadores-recolectores Categoría:Filmes preservados no National Film Registry