The Divine Comedy é un grupo de rock alternativo orixinario de Irlanda do Norte e formado en 1988. A banda está liderada por Neil Hannon, compositor, cantante, guitarrista, pianista e único membro estábel do proxecto, aínda que co andar dos anos pasasen por el unha longa listaxe de músicos.
A banda lanzou 13 álbums de estudio. Entre 1996 e 1999, nove sinxelos do grupo chegaron ao top 40 da lista de sinxelos do Reino Unido, incluíndo o éxito de 1999 "National Express", que entrou no top 10.
Traxectoria A súa música combina influencias de grupos como The Smiths ou Electric Light Orchestra coa tradición crooner de Scott Walker, Jacques Brel e o pop barroco de The Beach Boys ou Burt Bacharach. Do mesmo xeito, a variada instrumentación e os arranxos orquestrais das súas cancións tamén toman como referencia a música de compositores como Ravel, Stravinsky, John Barry, Michael Nyman ou Philip Glass. Malia estas influencias, o grupo foi criticado en ocasións por publicar como discos sinxelos as súas cancións máis orientadas ao easy listening.
As letras de Neil Hannon caracterízanse por retratar ironicamente a vida moderna e por incluíren referencias ao amor, o sexo ou a vinganza.
Discografía Álbum Ano Selo Fanfare for the Comic Muse 1990 Setanta Liberation 1993 Setanta Promenade 1994 Setanta Casanova 1996 Setanta A Short Album About Love 1997 Setanta Fin de Siècle 1998 Setanta Regeneration 2001 Parlophone/EMI Absent Friends 2004 Parlophone/EMI Victory for the Comic Muse 2006 Parlophone Bang Goes the Knighthood 2010 DC Records Foreverland 2016 DC Records Office Politics 2019 DC Records Rainy Sunday Afternoon 2025 DC Records
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Irlanda do Norte Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de baroque pop Categoría:Grupos musicais formados en 1989