O Estatuto de Baiona, Carta de Baiona ou Constitución de Baiona considérase unha carta outorgada, xa que non foi elaborada polos representantes do Estado, xurada polo irmán de Napoleón Bonaparte, Xosé I Bonaparte, a quen el confiou o territorio español ocupado, o 8 de xullo de 1808 na cidade de Baiona (Francia).

Establecía como rei de España a Xosé I Bonaparte e o cambio da monarquía absoluta por unha monarquía constitucional, de ideas napoleónicas.

Organizaba España como unha monarquía hereditaria que o monarca ocupaba o centro do poder político, pero coa obrigación de respectar os dereitos cidadáns proclamados no seu texto. Naceu nun contexto complexo, ditado fóra do territorio nacional e cun marcado carácter afrancesado, apadriñado polos liberais moderados. A causa da súa orixe e proceso non pode considerarse unha constitución, senón unha carta outorgada cuxo proxecto foi presentado por Napoleón a 65 deputados españois que só puideron deliberar sobre o seu contido. Non existiu vontade previa de elaborar un documento constitucional, o texto foi imposto e aceptado por unhas Cortes reducidas convocadas no territorio francés.

Creación da Carta de Baiona Historicamente a súa creación realizouse da seguinte maneira: Carlos IV abdica en favor do seu fillo Fernando VII. Fernando VII abdica en favor de Napoleón. Napoleón ordena ao Duque de Berg que convoque unha asemblea en Baiona. Entre o 15 e o 30 de xuño de 1808 elabórase unha "constitución". O 7 de xullo de 1808 Napoleón abdica en favor do seu irmán Xosé. O 8 de xullo de 1808 promúlgase coa seguinte estrutura: Poder lexislativo: iniciativa real que promulga logo de oír ás cortes. Poder executivo: corresponde ao rei e os seus ministros. O rei ordena e os ministros son os responsables. Poder xudicial: é independente pero o rei elixe os xuíces. miniatura|Xosé I Bonaparte.|alt=Xosé I Bonaparte.|centro Véxase tamén

Ligazóns externas Estatuto de Baiona na web do Congreso

1808 Categoría:Guerras Napoleónicas Categoría:1808 Categoría:Historia de España do século XIX