The Shining é un filme de terror psicolóxico producido e dirixido por Stanley Kubrick que se estreou en 1980. Foi coescrito polo novelista Diane Johnson e baséase na novela homónima de Stephen King The Shining, malia que a historia difire en varios aspectos."Kubrick v. King" . TheIntellectualDevotional.com. 29 de outubro de 2008. Está protagonizado por Jack Nicholson, Shelley Duvall, Danny Lloyd e Scatman Crothers.
No filme, Jack Torrance, un escritor e ex-alcohólico, consegue un traballo como vixilante fóra de tempada no illado Hotel Overlook. O seu fillo posúe poderes psíquicos e é quen de ver cousas do pasado e do futuro, como as pantasmas de persoas que habitaron no hotel. Pouco despois de chegar, a familia queda atrapada no hotel por unha xistra, e Jack vaise vendo influenciado por unha presenza sobrenatural, volvéndose tolo pouco a pouco, e ó cabo tenta asasinar a súa familia.
Ó contrario que os filmes previos de Kubrick, que se difundiron no público a través do boca a boca, The Shining foi lanzado coma un filme de mercado masivo, estreándose primeiro só en dúas cidades no Memorial Day, e un mes despois a nivel nacional.LoBrutto, Vincent. Stanley Kubrick: A Biography, p. 449 Malia que a resposta inicial do filme foi variada, a crítica acabou sendo moi favorable e hoxe está considerado entre un dos mellores filmes de terror, e entre algúns está considerado un dos mellores filmes de tódolos tempos. O director de cine Martin Scorsese, escribindo para o The Daily Beast, clasificouno como un dos 11 filmes máis arrepiantes de toda a historia. Os críticos, os estudantes de cine e o produtor de Kubrick Jan Harlan, subliñaron a súa enorme influencia na cultura popular.
A primeira estrea europea de The Shining era 25 minutos máis curta que a versión americana, xa que se eliminaron moitas das escenas que tiñan lugar nos exteriores do hotel.
Sinopse Jack Torrance trasládase coa súa muller e o seu fillo de sete anos ó hotel Overlook, en Colorado, para encargarse do mantemento das instalacións durante a tempada de inverno, época na que resta pechado e illado pola neve. O seu obxectivo é atopar paz e sosego para escribir unha novela. Pero pouco despois da súa chegada ó hotel, ó mesmo tempo que Jack comeza a padecer desconcertantes trastornos de personalidade, comezan a producirse fenómenos paranormais relacionados cos anteriores vixilantes do hotel.
Personaxes Jack Nicholson como Jack Torrance Shelley Duvall como Wendy Torrance Danny Lloyd como Danny Torrance Scatman Crothers como Dick Hallorann Barry Nelson como Stuart Ullman Philip Stone como Delbert Grady Tony Burton como Larry Durkin
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1980 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Stanley Kubrick Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Elstree Studios Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Oregón Categoría:Filmes rodados en Colorado Categoría:Filmes ambientados en Colorado Categoría:Filmes sobre alcoholismo Categoría:Filmes sobre escritores Categoría:Filmes sobre pantasmas Categoría:Filmes de terror psicolóxico Categoría:Filmes baseados en obras de Stephen King Categoría:Filmes sobre violencia doméstica Categoría:Filmes preservados no National Film Registry