Francisco Rodríguez Adrados, nado en Salamanca o 29 de marzo de 1922 e finado en Madrid o 21 de xullo de 2020, foi un filólogo, helenista e académico español.

Traxectoria Nado en Salamanca o 29 de marzo de 1922. Licenciado en Filoloxía Clásica en 1944 pola Universidade de Salamanca; doutor dous anos despois, en 1946, pola Universidade Complutense de Madrid; Catedrático de Grego no Instituto Cardeal Cisneros de Madrid en 1949; en 1951, en Barcelona, catedrático da súa Universidade e da Complutense, en 1952 até 1988. Dirixiu o Departamento de Grego da UNED entre 1972 e 1976 da que foi catedrático (emérito) e Presidente de Honra da Sociedad Española de Estudios Clásicos (SEEC) e da Sociedad Española de Lingüística. Foi director das revistas Emerita e Revista Española de Lingüística, da colección de clásicos gregos e latinos Alma Máter, que publicou o CSIC. Gran colaborador en xornais como o ABC ou El Mundo.

Mestre de mestres, grande estudoso do mundo humanístico, especialmente nos estudos sobre Grecia e tamén a historia de España. Estudoso e tradutor de literatura grega, latina e india, ademais da española. Como filólogo, foi defensor da orixe aquitana dos vascos e o éuscaro.

Experto en Lingüística indoeuropea e membro do CSIC, no que é director do maior proxecto lexicográfico dun dicionario grego-español DGE, tras o LSJ. Foi tamén autor, conxuntamente con Alberto Bernabé e Julia Mendoza, do Manual de lingüística indoeuropea (1995-1998) en tres volumes. (ISBN 84-7882-193-7)

Ingresou na Real Academia Española o 21 de xuño de 1990 (cadeira d), tomando posesión o 28 de abril do ano seguinte; e na Real Academia da Historia en febreiro de 2004. Foi membro da Academia de Atenas e da Academia Arxentina das Letras. En 2012 recibiu o Premio Nacional de Letras.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bibliografía publicada ao laongo da súa vida, desde 1943. Algunhas obras na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

Categoría:Indoeuropeística Categoría:Lingüistas de España Categoría:Lingüistas da lingua grega antiga Categoría:Nados en Salamanca Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Premio Nacional das Letras Españolas Categoría:Académicos da Real Academia Española Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Profesores da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Catedráticos da Universidade Nacional de Educación a Distancia