Imogen Poots, nada en Londres o 5 de xuño de 1989, é unha actriz británica recoñecida internacionalmente por interpretar a Tammy no filme 28 Weeks Later e a Prue Sorenson no remake de 2010 da serie de televisión Bouquet of Barbed Wire.

Traxectoria Asistiu ó Latymer Upper School de Londres. É membro da YoungBlood Theatre Company e filla de Fiona e Trevor Poots, que é un produtor de televisión londiniense.

A súa primeira aparición nun filme foi como Valerie no filme 2005 V de Vendetta e o papel polo que é mundialmente coñecida é como Tammy no exitoso filme británico 28 Weeks Later.

Traballa tamén como modelo para a Select Model Management. O primeiro filme no que interveu Poots foi como a nova Valerie no filme de V de Vendetta. Poots tamén apareceu nun episodio de Casualty no 2004, na curta de Matt Day Wish e no 2007 no filme televisivo chamado Miss Austen Regrets.

Poots fixo aparicións en filmes tales como Cracks (dirixido por Jordan Scott da novela de Sheila Kohler), e dúas producións estadounidenses, Waking Madison e Solitary Man. Participou no remake do filme de terror Fright Night.

Filmografía Ano Título Papel Notas 2004 Casualty Alice Thornton Episodio: Love Bites 2006 V de Vendetta Valerie 2007 28 Weeks Later Tammy Harris Wish Jane Curtametraxe 2008 Miss Austen Regrets Fanny Knight Televisión Me and Orson Welles Lorelei Lathrop 2009 Cracks Poppy Waking Madison Alexis Solitary Man Allyson Karsch 2010 Centurion Arianne Chatroom Eva Bouquet of Barbed Wire Prue Sorenson Televisión Christopher and His Kind Jean Ross Televisión2011Jane Eyre Blanche Ingram Cordelia Cordelia Hello Darkness Lucy Fright Night Amy Relative Desire - Trap For Cinderella - A Late Quartet - The Laurette -

Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Hammersmith e Fulham Categoría:Modelos femininas de Inglaterra Categoría:Británicos de ascendencia irlandesa Categoría:Británicos de ascendencia escocesa