Ildefons Cerdà i Sunyer, nado en Centelles (Barcelona) o 23 de decembro de 1815 e finado en Las Caldas del Besaya (Cantabria) o 21 de agosto de 1876, foi un enxeñeiro, urbanista, xurista, economista e político español.

Home polifacético, escribiu a Teoría xeral da urbanización, obra pioneira da especialidade, pola cal considéraselle un dos fundadores do urbanismo moderno. O seu proxecto máis importante foi a reforma urbanística da Barcelona do século XIX mediante o Plan Cerdà, co que creou o actual barrio do Eixample. Cerdà non foi un triunfador; concentrado meticulosamente no seu traballo, tivo problemas familiares, o seu proxecto do ensanche nunca foi ben visto polos estamentos locais e acabou arruinado, pois o Estado español e o Concello de Barcelona non lle pagaban os honorarios que lle debían. Houbo de pasar un século para que se recoñecese o seu legado.

Principais obras 250px|miniatura|Plano do proxecto do eixample de Barcelona (1859) 1859 – Teoría de la construcción de las ciudades, vol. 1. Barcelona, 1859. Reeditado en 1991 polo Ministerio para as Administracións Públicas, Concello de Barcelona e Concello de Madrid. ISBN 84-7088-583-9. 1861 – Teoría de la construcción de las ciudades, vol. 2. Madrid, 1861. Reeditado en 1991 polo Ministerio para as Administracións Públicas, Concello de Barcelona e Concello de Madrid. ISBN 84-7088-586-3. 1863 – Teoría del enlace del movimiento de las vías marítimas y terrestres. 1867 – Teoría general de la urbanización y aplicación de sus principios y doctrinas a la reforma y ensanche de Barcelona. Madrid: Imprenta Española, 1867. Reeditado polo Instituto de Estudios Fiscales, 1968-1971. 1867 – Monografía estadística de la clase obrera en Barcelona, en 1856: Espécimen de una estadística funcional de la vida urbana, con aplicación concreta a dicha clase. Publicado cun apéndice de la Teoría general de la urbanización.Carrasco, Cristina: Tiempos, trabajos y género. Barcelona: Universitat de Barcelona, 2001. ISBN 84-475-2646-1

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do Ano Cerdà(2009-2010)

Categoría:Enxeñeiros de España Categoría:Personalidades do urbanismo Categoría:Nados en Centelles Categoría:Nados en 1815 Categoría:Finados en 1876