Guillerme de Gales (nado como William Arthur Philip Louis en Londres o 21 de xuño de 1982) é o herdeiro ao trono británico, como fillo primoxénito do rei Carlos III do Reino Unido e da falecida Diana de Gales, e neto da raíña Isabel II. O príncipe Guillerme é membro da Casa de Windsor.

Educación e carreira Foi educado en catro escolas do Reino Unido e obtivo a súa licenciatura na Universidade de St Andrews. Pasou parte do seu ano sabático en Chile, Belize e nalgúns países do continente africano. Recibiu adestramento como tenente do rexemento Blues and Royals da Cabalería Real, onde serviu xunto ao seu irmán o príncipe Harry e obtivo a súa licenza de piloto tras culminar a súa formación na academia Royal Air Force College Cranwell. En 2009, transferiuse á Real Forza Aérea (RAF) onde foi ascendido ao rango de oficial da forza aérea e completou o seu adestramento como piloto de helicóptero de procura e rescate.

Dende o día 8 de setembro de 2022, logo do falecemento da súa avoa Isabel II e a proclamación do seu pai, Carlos III, ostenta o título de príncipe de Gales, así como os de duque de Cornualla e duque de Rothesay, en Escocia, que corresponden ao herdeiro do monarca.

Matrimonio O 16 de novembro de 2010, Clarence House, anunciou nun comunicado de prensa que o príncipe Guillerme e a súa noiva Kate Middleton estaban comprometidos, e posteriormente confirmouse que a cerimonia levaría a cabo o 29 de abril de 2011 na Abadía de Westminster, Londres. Horas antes da voda o príncipe Guillerme foi nomeado duque de Cambridge, conde de Strathearn e barón Carrickfergus.

Descendencia O príncipe Xurxo de Cambridge (George Alexander Louis)George Alexander Louis: el nombre elegido por el Príncipe Guillermo y Kate Middleton para su hijo, en Europa Press.Isabel II «regala» el título de «princesa» a una posible hija de Catalina y Guillermo, en ABC de España.Paul Saunders, alcalde de Cambridge y la propia ciudad orgullosa de su próximo príncipe o princesa, en Europa Press. naceu en Londres, o 22 de xullo de 2013)Catalina da a luz a un niño, en El Mundo de España., sendo o primoxénito do príncipe Guillerme de Cambridge e da súa dona, Catarina, duquesa de Cambridge. É neto do príncipe Carlos de Gales e mais da princesa Diana de Gales (falecida en 1997); e bisneto da raíña Isabel II e do príncipe Filipe, duque de Edimburgo. Polo tanto, é o terceiro na liña de sucesión ao trono británico.

A princesa Carlota de Cambridge (Charlotte Elizabeth Diana), a segunda filla dos duques de Cambridge, naceu o 2 de maio de 2015.

O príncipe Lois de Cambridge (Louis Arthur Charles), o terceiro fillo e segundo varón dos duques de Cambridge, naceu o 23 de abril de 2018.

Ascendencia

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Familia real británica

Ligazóns externas Royal.gov.uk- Prince William Prince of Wales.gov.uk- Prince William

Categoría:Familia real británica Categoría:Príncipes de Gales Categoría:Nados en Westminster Categoría:Nados en 1982