Harold Perrineau, nado en Brooklyn (Nova York) o 7 de agosto de 1963, é un actor estadounidense. Acadou sona polo papel de Michael Dawson na serie de televisión estadounidense Lost, Link nos filmes e xogos de Matrix, August Hill na serie de televisión Oz e Mercutio en Romeo + Juliet. Recentemente protagonizou a serie de televisión The Unusuals da ABC, interpretando o detective de homicidios Leo Banks.
Traxectoria É fillo de Harold Williams e Sylvia Perrineau. Os seus pais cambiaron o seu nome a Williams cando tiña sete anos. Máis tarde, Harold cambiou legalmente o seu nome de novo polo seu nome de nacemento, despois de descubrir que xa existía un Harold Williams no sindicato de actores. Perrineau asistiu á Universidade de Shenandoah, pero non se graduou. Xunto coa súa muller, Brittany, ten unha filla, Aurora Robinson Perrineau, nada en 1994. A súa segunda filla, Wynter Aria, naceu o 7 de maio do 2008.
Traxectoria En 1989, Perrineau foi elixido como o orixinal Tyrone Jackson na estrea mundial da adaptación teatral do filme de 1980, Fame (agora coñecido como Fame: The Musical) no Walnut Street Theatre, en Filadelfia, Pensilvania.
Perrineau tomou o papel de Link na serie de filmes Matrix despois de que o operador orixinal Tank foi eliminado do guión cando Marcus Chong foi despedido por disputas de cartos.
A co-estrela de Lost Adewale Akinnuoye-Agbaje protagonizou xunto a Perrineau a serie Oz.
Perrineau interpretou o personaxe de Michael Dawson no éxito da ABC Lost. Foi temporalmente dado de baixa cando o seu personaxe saíu da illa a finais da segunda tempada e non apareceu en absoluto na terceira tempada. En xullo de 2007, anunciouse que Perrineau volvería ó elenco principal da cuarta tempada da serie. Porén, este retorno non durou moito, xa que a súa participación na cuarta tempada foi a reprodución do seu pasado como membro do elenco regular. Dawson morre ó final da tempada. Fixo unha aparición especial na sexta e derradeira tempadas.
Tamén protagonizou 30 Days of Night: Dark Days xunto con Rhys Coiro, Mia Kirshner, Kiele Sanchez (tamén co-estrela de Lost), Diora Baird e Monique Ganderton.
No 2008 participou no vídeo musical Yes We Can
Música Dende o seu primeiro single Stay Strong no 2007, Harold tamén traballou na súa carreira musical e colabora activamente co produtor de música Tomo in der Muhlen no seu álbum H que sairá prontamente. Tendo as súas raíces creativas no escenario, Harold goza facendo actuacións en vivo onde se presenta cunha banda completa: dous guitarras, baixo, batería e teclados. Actuou no club The Mint nos Ánxeles no 2010.
Filmografía Filme Ano Filme Papel Anotacións 1990 King of New York Ladrón no metro 1995 Smoke Thomas "Rashid" Cole Nomeado - Independent Spirit Award por mellor actor 1996 Blood and Wine Henry Romeo + Juliet Mercutio 1997 The Edge Stephen 1998 Lulu on the Bridge Bobby Perez 1999 The Best Man Julian Murch Nomeado - Premio de Imaxe por mellor actor secundario Macbeth in Manhattan O coro 2000 Woman On Top Monica Jones 2001 Prison Song Tío Cee 2002 On Line Moe Curley 2003 Matrix Reloaded Link Matrix Revolutions Link 2007 28 Weeks Later Flynn 2008 Gardens of the Night Orlando Ball Don't Lie Jimmy Felon Jackson2010 30 Days of Night: Dark Days Todd The Killing Jar John Smith 2011 Seeking Justice Jimmy2012 Transit Losada Zero Dark Thirty Jack2013 Snitch Jeffrey Steele Go for Sisters Wiley Sexy Evil Genius Marvin The Best Man Holiday Julian Murch Aparicións televisivas Ano Título Papel Episodios1989The Cosby ShowScottTempada 5 – Episodio 18 1991–1993 I'll Fly Away Robert Evans 1997–2003 Oz Augustus Hill 56 episodios2003 Dead Like Me Aroun Levert 1 episodio2004–2006, 2008, 2010 Lost Michael Dawson 61 episodiosGañou - Premio do sindicato de actores- mellor interpretación en conxunto nunha serie dramática2007 CSI Rev. Rhodes 1 episodio2009 The Unusuals Detective Leo Banks2010 CSI: NY Reggie Tifford Videoxogo (voz) Ano Título Papel Anotacións 2003 Enter the Matrix Voz Link
Categoría:Actores de Nova York Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Nova York