A anáfora é unha figura estilística consistente en repetir unha ou varias palabras ó inicio do verso, en enunciados sucesivos, co que se subliña enfaticamente o elemento iterado.

En lingüística textual, a anáfora é a repetición pura e simple das palabras predominantes na mensaxe narrativa, que é un mecanismo de cohesión textual emparentado coa deíxe.

Exemplos No poema "A gaita gallega" (Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro)

Vexo contigo estes ceosvexo estas brancas aurorasvexo estes campos froridos[...]vexo esta terra bendita

En "Pra a Habana" (Follas Novas, de Rosalía de Castro)

Tes, en cambio, orfos e orfase campos de soledad,e nais que non teñen fillose fillos que non ten pais.E tes corazóns que sofren

Notas

Véxase tamén Outros artigos Figura estilística Epífora Poliptoto Epanadiplose Catáfora Anaforese

Categoría:Retórica e figuras da lingua