Keith Adam Van Horn, nado o 23 de outubro de 1975 en Fullerton (California), é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Xogaba de aleiro e ala-pivote, e xogou para a Universidade de Utah.1996–97 Season Recap, http://utahutes.cstv.com/sports/m-baskbl/archive/utah-m-baskbl-9697recap.html . Consultado 15 de febreiro de 2010. Van Horn rematou os seus anos en Utah sendo o máximo anotador da historia da Universidade.

Van Horn foi seleccionado na 2ª posición do draft da NBA de 1997 polos Philadelphia 76ers, e foi traspasado aos New Jersey Nets.Keith Van Horn, www.basketball-reference.com. Consultado o 12 de xaneiro de 2010. Xogou para New Jersey de 1997 a 2002, liderando aos Nets en anotación nas tempadas 1997-98 e 1998-99, onde fixo sobre 20 puntos por partido e rematou 5º na lista de anotadores da NBA en 1999. Foi un dos grandes contribuidores dos Nets no ano 2002 que foron campións da Conferencia Leste, e liderou ao equipo en rebotes e foi o segundo máximo anotador.New Jersey Nets, www.nba.com/history. Consultado o 12 de xaneiro de 2010. Van Horn xogou tamén para os Philadelphia 76ers, os New York Knicks, os Milwaukee Bucks e os Dallas Mavericks.Keith Van Horn, www.nba.com. Consultado o 12 de febreiro de 2010. Cos Mavericks foi un membro moi importante do equipo que foi campión da Conferencia Oeste na tempada 2005-06

Van Horn retirouse oficialmenet da NBA no ano 2008, rematando con 16.0 puntos e preto de 7 rebotes por partido durante os 10 anos na liga.

Notas

Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Fullerton