Carlos Ariel López Chimino, máis coñecido como Carlitos López, nado en San Juan de la Frontera o 13 de marzo de 1977, é un ex xogador de hóckey a patíns arxentino.

Traxectoria Iniciouse no hóckey a patíns nas categorías inferiores da Unión Vecinal de Trinidad, un dos equipos deste deporte na súa cidade natal. En 1997 fichou polo H.C. Liceo da Coruña, club no cal militou seis tempadas. A súa última tempada no club galego asinou uns números excelentes, converténdose no máximo anotador da OK Liga cun total de 30 goles en 33 partidos. Na tempada 2004-05 fichou polo FC Barcelona, sendo a única incorporación do club barcelonés ese ano, e coa responsabilidade de substituír a Gaby Cairo, o símbolo do equipo nos últimos anos.

A nivel individual gañou premios como o Olímpia de Prata do 2000, recoñecemento que se outorga en diversas disciplinas ao deportista máis destacado da Arxentina.

Palmarés UV Trinidad 1 Liga nacional: 1995 1 Campionato Suramericano: 1997

H.C. Liceo 1 Copa de Europa: 2002-03 1 Copa Continental: 2002-03 1 Copa Intercontinental: (2004) 1 Copa CERS: 1998-99 1 Copa do Rei: 2004

FC Barcelona 4 Copas de Europa: 2004-05, 2006-07, 2007-08, 2009-10 5 Copas Continentais: 2003/04, 2004/05, 2006, 2007, 2008) 2 Copas Intercontinentais (2006, 2008 1 Copa CERS (2005/06) 3 Supercopas de España: 2004, 2005, 2007 6 OK Ligas: 2004-05, 2005.06, 2006-07, 2007-08, 2008-09, 2009-10 3 Copas do Rei: 2005, 2007, 2011

Selección arxentina 1 Campionato do Mundo "A": 1999 1 Campionato Panamericano: 1995

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha do xogador na web oficial do FC Barcelona .

Categoría:Xogadores de hóckey a patíns da Arxentina Categoría:Xogadores do H.C. Liceo Categoría:Nados na provincia de San Juan Categoría:Nados en 1977 Categoría:Xogadores do FC Barcelona (hóckey a patíns) Categoría:Personalidades sen imaxes