Sidney Lumet, nado en Filadelfia o 25 de xuño de 1924 e finado en Nova York o 9 de abril de 2011, foi un director, produtor e guionista de cine, teatro e televisión estadounidense. Foi nomeado ao Oscar ó mellor director catro veces, polos seus filmes Doce homes sen piedade (1957), A tarde dun día de cans (1975), Network, un mundo implacable (1976) e Veredicto final (1982).
Traxectoria Lumet foi un dos directores de cine máis prolíficos, realizando máis dunha película ao ano dende o seu debut en 1957. Principiou a súa carreira como director en Broadway, chegando a ser posteriormente director en televisión. O seu primeiro traballo cinematográfico, Doce homes sen piedade é considerado o seu mellor filme. Entre os temas das súas numerosas películas atopamos adaptacións de novelas, comedias negras ou dramas baseados en sucesos reais, como a soada Serpico (1973).
En 2005 recibiu o Oscar honorífico polos seus "brillantes servizos aos guionistas, realizadores e á arte do cinema en xeral". En 2007 rodou o seu derradeiro filme Before the Devil Knows You're Dead (literalmente, Antes de que o diaño saiba que estás morto).
Filmografía destacada
Ano Filme Intérpretes 1957 Doce homes sen piedade Henry Fonda, Lee J. Cobb 1958 Stage Struck Henry Fonda, Susan Strasberg 1959 That Kind of Woman Sophia Loren, Tab Hunter1959 The Fugitive Kind Marlon Brando, Joanne Woodward, Anna Magnani 1961 A View from the Bridge Raf Vallone, Jean Sorel 1962 Long Day's Journey into Night Katharine Hepburn, Ralph Richardson, Jason Robards 1964 The Pawnbroker Rod Steiger, Geraldine Fitzgerald 1964 Fail-Safe Henry Fonda, Dan O'Herlihy, Walter Matthau, Larry Hagman . 1965 The Hill Sean Connery, Harry Andrews 1966 The Group Candice Bergen, Joan Hackett 1967 Chamada para un morto James Mason, Harry Andrews 1968 Bye Bye Braverman George Segal, Jack Warden 1968 The Sea Gull Vanessa Redgrave, Simone Signoret 1969 The Appointment Omar Sharif, Anouk Aimée 1970 King: A Filmed Record... Montgomery to Memphis Paul Newman (narración), Joanne Woodward (narración) 1970 Last of the Mobile Hot Shots Lynn Redgrave, James Coburn 1971 Supergolpe en Manhattan Sean Connery, Dyan Cannon, Martin Balsam 1972 Child's Play James Mason, Robert Preston 1972 A ofensa Sean Connery, Ian Bannen, Trevor Howard 1973 Serpico Al Pacino 1974 Lovin' Molly Anthony Perkins, Beau Bridges 1974 Asasinato no Orient Express Albert Finney, Lauren Bacall, Sean Connery, Ingrid Bergman 1975 A tarde dun día de cans Al Pacino, John Cazale 1976 Network, un mundo implacable Peter Finch, Faye Dunaway, William Holden, Robert Duvall, Ned Beatty 1977 Equus Richard Burton 1978 O meigo Diana Ross, Michael Jackson, Nipsey Russell, Ted Ross, Richard Pryor, Mabel King, Lena Horne 1980 Just Tell Me What You WantAlan King, Ali MacGraw 1981 O príncipe da cidade Treat Williams, Jerry Orbach 1982 DeathtrapMichael Caine, Christopher Reeve, Dyan Cannon 1982 Veredicto finalPaul Newman, Jack Warden 1983 Daniel Timothy Hutton, Mandy Patinkin 1984 Garbo Talks Anne Bancroft, Ron Silver 1986 Power Richard Gere, Julie Christie, Gene Hackman 1986 The Morning AfterJane Fonda, Jeff Bridges 1988 Running on Empty River Phoenix, Judd Hirsch 1989 Family Business Sean Connery, Dustin Hoffman 1990 Q & A Timothy Hutton, Nick Nolte, Armand Assante 1992 A Stranger Among UsMelanie Griffith, John Pankow 1993 Guilty as Sin Don Johnson, Rebecca De Mornay 1997 Anoitece en Manhattan Andy García, Ian Holm, Lena Olin, Richard Dreyfuss 1997 Critical CareJames Spader, Kyra Sedgwick 1999 Gloria Sharon Stone, George C. Scott 2004 Strip Search Glenn Close, Maggie Gyllenhaal 2006 Declarádeme culpable Vin Diesel, Alex Rocco 2007 Before the Devil Knows You're Dead Philip Seymour Hoffman, Ethan Hawke, Albert Finney
Categoría:Actores de Pensilvania Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Óscar honorífico