Tyler Lee Hoechlin, nado en Corona (California) o 11 de setembro de 1987, é un actor estadounidense que conseguiu o papel protagonista xunto con Tom Hanks no filme Road to Perdition (2002) como Michael Sullivan Jr. Na televisión é recoñecido polo seu papel como Martin Brewer en 7th Heaven.

Traxectoria Hoechlin é fillo de Lori e Don Hoechlin. Comezou a actuar con nove anos de idade. A súa actuación en Road to Perdition levouno a conseguir o papel de Martin Brewer na exitosa serie 7th Heaven no 2003

Hoechlin foi nomeado para un premio como nova estrela masculina no ano 2004. No 2008 interpretou a Nick no filme Solstice. Tamén será o protagonista da serie da MTV Teen Wolf e actuou nun episodio de Castle na súa segunda tempada. En 2011 protagonizou xunto a Owen Wilson e Christina Applegate o filme Carta branca.

Hoechlin é, asemade, xogador de béisbol. Comezou a xogar con sete anos de idade e anteriormente estivo no cadro de Arizona State University e o Battle Creek Bombarderos da Liga Northwoods. No 2008 xogou dentro do cadro do UC Irvine Anteaters.

Filmografía Family Tree (1999) Train Quest (2001) Road to perdition (2002) 7th Heaven (2003) televisión Solstice (2008) Grizzly Rage (2007) Carta branca (2011)

Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados no condado de Riverside