O LVII Festival da Canción de Eurovisión celebrouse os días 22, 24 e 26 de maio de 2012 na cidade de Bakú, Azerbaidján tras a vitoria deste país na edición de 2011.http://www.eurovision.tv/page/news?id=35383&_t=the_organisers_of_the_eurovision_song_contest_whats_up The organisers of the Eurovision Song Contest: what's up?
A gañadora desta edición foi Loreen, representante de Suecia, que obtivo 372 puntos polo seu tema Euphoria, conseguindo o segundo lugar histórico en canto a cantidade de puntos. O podio completárono Rusia, con 259 puntos, e o terceiro lugar foi para Serbia con 214 puntos. O país anfitrión, Azerbaidján, chegou ata a 4ª posición con 150 puntos, e Albania logrou a 5° posición con 146 puntos, o seu mellor resultado histórico. Cabe destacar que 3 dos Big Five colocáronse no Top 10: Alemaña, Italia e España, conseguindo as posicións 8ª, 9ª e 10ª respectivamente.
Festival Semifinais A primeira semifinal realizouse o 22 de maio de 2012 e a segunda o 24 de maio de 2012. 36 países tiveron que pasar polas semifinais, polo que en cada unha delas participaron 18 países, clasificándose 10 en cada unha delas. O 25 de xaneiro de 2012, por sorteo, determinouse en que final participaría cada país. A orde de actuación de cada semifinal decidiuse igualmente por sorteo o 20 de marzo dese ano.
Semifinal 1 A primeira semifinal do Festival de Eurovisión 2012, celebrouse o martes 22 de maio. Dez países, dun total de dezaoito que participaban nela, pasaron á final do sábado. Un total de 21 países tiveron dereito a voto nesta semifinal, incluíndo a Azerbaidján, España e Italia, que como membros do Big Five xa estaban clasificados á final. miniatura|250px|dereita|Romanía logrou clasificarse á final co grupo Mandinga e o seu tema "Zaleilah". 250px|miniatura|dereita|Albania e Rona Nishliu lograron o mellor resultado da súa historia, 2° (semifinal) e 5° (Final). NºPaís Intérprete(s) Canción Lugar Puntos 01 Montenegro Rambo Amadeus Euro neuro 15 20 02 Islandia Gréta Salóme & Jónsi Never forget 8 75 03 Grecia Eleftheria Eleftheriou Aphrodisiac 4 116 04 Letonia Anmary Beautiful song 16 17 05 Albania Rona Nishliu Suus 2 146 06 Romanía Mandinga Zaleilah 3 120 07 Suíza Sinplus Unbreakable 11 45 08 Bélxica Iris Would you? 17 16 09 Finlandia Pernilla Karlsson När jag blundar 12 41 10 Israel Izabo Time 13 33 11 San Marino Valentina Monetta The social network song (oh oh-uh-oh oh) 14 31 12 Chipre Ivi Adamou La La Love 7 91 13 Dinamarca Soluna Samay Should've known better 9 63 14 Rusia Buránovskiye Bábushki Party for everybody 1 152 15 Hungría Compact Disco Sound of our hearts 10 52 16 Austria Trackshittaz Woki mit deim Popo 18 8 17 Moldova Pasha Parfeny Lăutar 5 100 18 Irlanda Jedward Waterline 6 92
Semifinal 2 A segunda semifinal tivo lugar o xoves 24 de maio. Participaron dezaoito países dos cales dez pasaron á final. Un total de 21 países tiveron dereito a voto, incluíndo a Alemaña, Francia e o Reino Unido, que xa estaban clasificados na final.
250px|miniatura|dereita|Eva Boto representando a Eslovenia coa canción "Verjamem" 250px|miniatura|dereita|Nina Badrić representando a Croacia coa canción "Nebo" NºPaís Intérprete(s) Canción Lugar Pts. 01 Serbia Željko Joksimović Nije ljubav stvar 2 159 02 República de Macedonia Kaliopi Crno i belo 9 53 03 Países Baixos Joan Franka You and me 15 35 04 Malta Kurt Calleja This is the night 7 70 05 Belarús Litesound We are the heroes 16 35 06 Portugal Filipa Sousa Vida minha 13 39 07 Ucraína Gaitana Be my guest 8 64 08 Bulgaria Sofi Marinova Love unlimited 11 45 09 Eslovenia Eva Boto Verjamem 17 31 10 Croacia Nina Badrić Nebo 12 42 11 Suecia Loreen Euphoria 1 181 12 Xeorxia Anri Jokhadze I'm a joker 14 36 13 Turquía Can Bonomo Love me back 5 80 14 Estonia Ott Lepland Kuula 4 100 15 Eslovaquia Max Jason Mai Don't close your eyes 18 22 16 Noruega Tooji Stay 10 45 17 Bosnia e Hercegovina Maya Sar Korake ti znam 6 77 18 Lituania Donny Montell Love is blind 3 104
Final A final do Festival celebrouse o sábado 26 de maio no Baku Crystal Hall de Bakú, Azerbaidján ás 21:00 horas CET. O dúo ganador anterior de Eldar Gasimov/Nigar Jamal abriu o festival interpretando "Running Scared". Tras isto, deuse paso á presentación dos 26 finalistas, récord desde a instauración das semifinais, compostos polos 6 clasificados directos (Azerbaidján, e o Big Five), 10 clasificados da primeira semifinal e 10 clasificados da segunda semifinal.
Trala actuación dos 26 finalistas, comezaron os 15 minutos das votacións, como resultado do cambio que a UER realizou respecto ao tempo de votación, sendo agora imposible votar durante as actuacións. Durante o tempo de votación e reconto dos votos, no recinto anfitrión procedeuse á actuación do cantante local Emin Agalarov.
Desde o inicio das votacións, Suecia, Rusia, Serbia e Albania comezaron a recibir a maior cantidade de votos, levándoos rapidamente ás primeiras posicións. Trala votación, e con moita anticipación, Suecia converteuse na gañadora da edición con 372 puntos. Destacou a posición de tres países do Big Five no top 10, Alemaña, Italia e España, acadando os postos 8º, 9º e 10º respectivamente.
miniatura|240px|A cantante Loreen co seu tema "Euphoria" logrou a quinta vitoria de Suecia con 372 puntos.
NºPaís Intérprete(s) Canción Lugar Pts. 01 Reino Unido Engelbert Humperdinck Love Will Set You Free 25 12 02 Hungría Compact Disco Sound Of Our Hearts 24 19 03 Albania Rona Nishliu Suus 5 146 04 Lituania Donny Montell Love Is Blind 14 70 05 Bosnia e Hercegovina Maya Sar Korake Ti Znam 18 55 06 Rusia Buránovskiye Bábushki Party For Everybody 2 259 07 Islandia Gréta Salóme & Jónsi Never Forget 20 46 08 Chipre Ivi Adamou La La Love 16 65 09 Francia Anggun Echo (You and I) 22 21 10 Italia Nina Zilli L'amore è Femmina (Out Of Love) 9 101 11 Estonia Ott Lepland Kuula 6 120 12 Noruega Tooji Stay 26 7 13 Azerbaidján Sabina Babayeva When The Music Dies 4 150 14 Romanía Mandinga Zaleilah 12 71 15 Dinamarca Soluna Samay Should've Known Better 23 21 16 Grecia Eleftheria Eleftheriou Aphrodisiac 17 64 17 Suecia Loreen Euphoria 1 372 18 Turquía Can Bonomo Love Me Back 7 112 19 España Pastora Soler Quédate conmigo 10 97 20 Alemaña Roman Lob Standing Still 8 110 21 Malta Kurt Calleja This Is The Night 21 41 22 República de Macedonia Kaliopi Crno i Belo 13 71 23 Irlanda Jedward Waterline 19 46 24 Serbia Željko Joksimović Nije Ljubav Stvar 3 214 25 Ucraína Gaitana Be My Guest 15 65 26 Moldova Pasha Parfeny Lăutar 11 81 <small>Fonte: Festival de Eurovisión 2012 (www.eurovision-spain.com)</center></small>
Votacións Máximas puntuacións Trala votación os países que recibiron 12 puntos na final foron: N. A De 18 Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Eslovaquia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Hungría, Irlanda, Islandia, Israel, Letonia, Noruega, Países Baixos, Reino Unido, Rusia. 4 Italia, Macedonia do Norte, San Marino, Suíza 4 Lituania, Malta, Turquía, Ucraína 4 Bulgaria, Croacia, Eslovenia, Montenegro 2 Grecia, Suecia 2 Albania, Chipre 2 Bosnia e Hercegovina, Serbia 1 Portugal 1 Romanía 1 Xeorxia 1 Belarús 1 Moldova 1 Azerbaidján
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Eurovision Song Contest official website
2012 Categoría:Música en 2012