A divina comedia, tamén coñecida como Comedia ou Divina comedia (en italiano Commedia /{komˈmɛdja/ ou Divina commedia /diˈvina komˈmɛdja/) é un poema de Dante Alighieri escrito en lingua vernácula, o dialecto toscano de Florencia, entre 1308 e a súa morte en 1321. O adxectivo Divina, atribuído a Boccaccio, atópase soamente a partir da edición impresa en 1555 por Ludovico Dolce. A Commedia é a obra de Dante máis coñecida e unha importante testemuña da civilización medieval. Coñecida e estudada en todo o mundo, considérase unha das obras mestras da literatura do mundo de tódolos temposVexa Harold Bloom (The Western Canon: The Books and School of the Ages ), Il canone occidentale, Bompiani, Milano, 1996 , Erich Auerbach, Studi su Dante, Feltrinelli, Milano 1964 e al.. Esta catalogada nos Grandes Libros do mundo occidental Great Books of the Western World ..
Foi traducida ao galego por Darío Xohán Cabana, publicada en 1990 polo Servizo Central de Publicacións da Consellaría da Presidencia e Administración Pública, e galardoada un ano máis tarde coa Medalla de Ouro de FlorenciaFicha no sitio web LG3.. Con todo, volvería ser retraducida polo mesmo tradutor e publicada de novo por Edicións da Curuxa en 2014A Divina Comedia de Dante Alighieri, na páxina web de Edicións da Curuxa..
Composición A divina comedia está dividida en tres cánticos compostos por trinta e tres cantos cada un.
Os tres cánticos chamados cantiche (plural en italiano de cantica) son: Inferno (Inferno), Purgatorio (Purgatorio) e Paradiso (Paraíso); O Inferno contén un canto adicional de apertura. O poeta narra unha viaxe a través dos tres reinos supraterreais que o levan á visión da Trindade. A súa representación imaxinaria e alegórica do inframundo cristián é un dos cumios da visión do mundo medieval desenvolvido pola Igrexa católica.miniatura|Comencia la Comedia, 1472|centro
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Dante Alighieri Literatura medieval Lingua italiana
Ligazóns externas
Texto e comentarios en inglés da Divina Comedia. Unha páxina sobre simboloxía e estrutura da Divina Comedia.
Categoría:Obras literarias en italiano Categoría:Literatura medieval Categoría:Obras traducidas do italiano ao galego Categoría:Obras de Dante Alighieri