O Santuário de Panóias, tamén designado por Fragas de Panóias, é un santuario galaico-romano erixido entre finais do século II ou comezos do III d. C. que se localiza no concello portugués de Vila Real.
Descrición O santuario está composto por varias laxes ou penedos nos hai labradas pías e foron atopadas diferentes inscricións en latín e unha en grego onde se explican os rituais que se realizaban, onde tiñan lugar, a que deuses se ofrecían os sacrificios e quen facía estes rituais. Estas inscricións contextualizadoras son as que fan único este santuario e por iso estudosos de diferentes países se teñen interesado polo recinto.
Estado de conservación Até hai algúns anos, o santuario estaba abandonado, a pesar de ser único na Península Ibérica e de ser recoñecido como monumento nacional desde hai case cen anos.
A partir de 2001 foi delimitado e valado o conxunto histórico e foron construídas algunhas infraestruturas co obxectivo de pór en valor este monumento. Por este motivo conta hogano cun propio centro de interpretación e a posibilidade de acceso ao parque con visitas guiadas e a visualización dun vídeo explicativo nunha antiga casa de labranza rehabilitada para centro de interpretación.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
ALFÖLDY, Géza (1995) - Inscripciones, sacrificios y misterios: el santuario rupestre de Panóias/Portugal: informe preliminar. In Madrider Mitteilungen. Mainz am Rhein. 36, p. 252258. ARGOTE, Jerónimo Contador de. Panoyas. Vila Real: Junta Distrital, p. 32. COLMENERO, António Rodríguez (1999) - O santuário rupestre galaico-romano de Panóias (Vila Real, Portugal): novas achegas para a sua reinterpretaçao global, Vila Real. CORTEZ, Fernando Russell (1947) - Panóias. Cividade dos Lapiteas. Subsídios para o estudo dos cultos orientais e da vida provincial romana na região do Douro. In Separata dos Anais do Instituto do Vinho do Porto. Porto. p. 76. LAMBRINO, Scarlat (1953) - Les divinités orientales en Lusitanie et le sanctuaire de Panóias. In Bulletin des Études Portugaises et de l'Institut Français au Portugal. Coimbra. 17, p. 93129. MACHADO, Fernando Falcão (1940) - O recinto sagrado de Panóias. In Portugal económico, monumental e artístico. Lisboa: Ed. Lusitana, p. 2528. PEREIRA, Félix Alves (1906) - As fragas de Panóias. In O Arqueólogo Português. Lisboa. 1ª série: 11, p. 6365. PINHO, Luís Miguel B. B. da Silva (1993) - Breves considerações sobre o santuário romano de Panóias. In Revista de Estudos Transmontanos. Vila Real. 5, p. 175187. VASCONCELLOS, José de Leite de (1897) - Estudos sobre Panoias. In O Arqueólogo Português. Lisboa. 3, p. 5861, 177180. VASCONCELLOS, José de Leite de (1888) - Uma inscripção lusoromana de Panóias. In Revista Archeológica. Lisboa. 2, p. 50; 69. VASCONCELLOS, José de Leite de (1908) - Inscripção romana de Panóias. In O Arqueólogo Português. Lisboa. 1ª série: 13, p. 283284.
Outros artigos
Imperio Romano Galaicos Galaicorromanos Relixión en Galicia Sincretismo
Ligazóns externas
Portal do Arqueólogo - Património cultural - Bibliografía extensa.
Categoría:Gallaecia Categoría:Sitios arqueolóxicos de Portugal Categoría:Megalitismo Categoría:Distrito de Vila Real Categoría:Santuarios de Portugal