Greivis Josué Vásquez Rodríguez, máis coñecido como Greivis Vásquez, nado o 16 de xaneiro de 1987 en Caracas, é un ex xogador venezolano de baloncesto profesional. Foi elixido na 28ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Memphis Grizzlies. Foi escollido despois dunha exitosa carreira universitaria cos Maryland Terrapins, onde rematou en segunda posición na lista de máximos anotadores da historia dos Terrapins, con 2.171 puntos.Greivis Vasquez stats
Traxectoria profesional Memphis Grizzlies Os Memphis Grizzlies escolleron a Vasquez na 28ª posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2010.Greivis Vasquez drafted, celebration begins , The Washington Post, 24 de xuño de 2010. Durante a tempada regular no seu ano rookie, Vasquez xogou apenas uns minutos e anotou dobres díxitos tan só dúas veces, pero foi xogando máis tempo nos playoffs de 2011.Without shimmies, Vasquez shines on big stage , The Baltimore Sun, 30 de abril de 2011.
Memphis enfrontouse aos San Antonio Spurs na primeira rolda, onde os Grizzlies gañaron o seu primeiro partido da postempada da historia da franquía. No 4º partido, Vasquez substituíu o base titular Mike Conley, Jr.. Vasquez fixo un parcial de 7-0 que axudou a Memphis a levar o control do partido. Durante os seus 13 minutos de xogo, anotou 9 puntos e repartiu 2 asistencias, para axudar á vitoria de Memphis por 104-86. Os Grizzlies pasaron de rolda ao gañar o 6º partido, onde Vasquez xogou 23 minutos e anotou 11 puntos. Memphis avanzou de rolda e xogou contra Oklahoma City Thunder nas semifinais de Conferencia, onde Vasquez se enfrontou ao seu antigo compañeiro de clase no instituto de Montrose Christian, Kevin Durant.Kevin Durant, Greivis Vasquez will play their roles — against each other — in NBA playoffs, The Washington Post, 30 de abril de 2011.
New Orleans Hornets O 24 de decembro de 2011, foi traspasado aos New Orleans Hornets a cambio de Quincy Pondexter. O 8 de febreiro de 2013, conseguiu cos Hornets o primeiro triplo-dobre da súa carreira, ó conseguir 21 puntos, 12 asistencias e 11 rebotes contra os Atlanta Hawks.
Vasquez rematou a tempada 2012-13 sendo o máximo asistente da liga con 704, e foi escollido na segunda posición na votación do premio ó xogador máis mellorado da tempada.
Sacramento Kings O 10 de xullo de 2013, Vásquez foi traspasado ós Sacramento Kings nun traspaso a tres bandas que levou ó seu antigo compañeiro Robin Lopez ós Portland Trail Blazers, e a Tyreke Evans a Nova Orleáns, xa co nome de New Orleans Pelicans.
Toronto Raptors O 9 de decembro de 2013, Vasquez foi traspasado xunto a Patrick Patterson, John Salmons e Chuck Hayes ós Toronto Raptors a cambio de Rudy Gay, Quincy Acy e Aaron Gray.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil en NBA.com
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Caracas Categoría:Xogadores de baloncesto de Venezuela Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets