Adrián Mouriño Fernández, nado o 1 de agosto de 1988 no Porriño, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu club actual é a UD Atios, de Terceira División.
Traxectoria Iniciouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo, debutando co Celta B en setembro de 2007, nun partido de Segunda B contra o Real Madrid Castilla. No 2008 fichou polo Coruxo, de Terceira,, co que disputou as tempadas 2008/09 e 2009/10, logrando o ascenso a Segunda B. Asinou entón polo Montañeros, tamén de 2ª B, onde xogou durante unha tempada, e en 2011 regresou a Tercera División fichando polo Club Deportivo Ourense, sendo un dos xogadores máis destacados do ascenso do club vermello.
O 10 de xullo de 2012 fichou polo Recreativo de Huelva, sendo asignado ao filial en Terceira. Ademais debutou co primeiro equipo en Segunda División o 26 de outubro contra o FC Barcelona B. O 4 de setembro de 2013 asinou coa UE Sant Andreu, de 2ª, onde xogou unha tempada.
En 2014 asinou polo Pontevedra CF, co que ascendeu esa tempada a Segunda División B, tras xogar 27 partidos e marcar 5 goles. Militou catro anos máis no equipo do Lérez, sendo cedido medio ano na última tempada ao Rápido de Bouzas debido aos poucos minutos dos que dispoñía en Pontevedra. Na tempada seguinte o Pontevedra comunicoulle que non contaba con el, polo que volveu ao Rápido de Bouzas.
Na tempada 2020/21 fichou pola UD Atíos, na primeira aparición do club do seu pobo na Terceira División.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en fichajes.com Adrián Mouriño en A Temporada do Fútbol Galego
Categoría:Nados no Porriño Categoría:Futbolistas do Porriño Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Coruxo FC Categoría:Xogadores do Montañeros CF Categoría:Xogadores do CD Ourense Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva B Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do UE Sant Andreu Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do Rápido de Bouzas Categoría:Xogadores do Pontevedra CF