A xornada de reflexión, en política, é aquela inmediatamente anterior ao día das eleccións na cal rexen unha serie de prohibicións legais vinculadas á propaganda política, que se aplican de maneira excepcional. Un dos propósitos das prohibicións pasaría por permitir que no período inmediatamente anterior á elección os seus participantes poidan reflexionar, teoricamente sen influencias, sobre o seu voto e é por iso que nalgúns países se constitúe esta xornada de silencio.
Outro obxectivo sería tender a evitar que durante o acto electoral ocorran posíbeis incidentes entre simpatizantes de diferentes partidos políticos. Poida que hoxe estas xornadas non teñan tanta relevancia e sexan mantidas, fundamentalmente, polo seu valor simbólico para realzar a importancia do voto popular.
Así mesmo, a lexislación varía para cada estado e mesmo nalgúns, por exemplo os Estados Unidos de América non existen estas regras.
Véxase tamén Outros artigos Política Democracia
Ligazóns externas La jornada de reflexión ya no existe, artigo do xornalista galego Juan Varela.
Categoría:Política