A antítese é unha figura retórica de pensamento, consistente nun tropo que opón elementos contrarios.

Exemplos No soneto, de Miro Villar, "Miro os meus dedos orfos": MIRO OS MEUS DEDOS ORFOS, AS VEAS IMPREGNADAS de esperanzas molladas nos húmidos latexos (...) Todo agora é silencio seco, que me tortura No poema "Souben amar" (no poemario Códice Calixtino de Luz Pozo Garza): rúas escuras (verso 3) tempo luminoso (verso 14)

En "Negra sombra" (Follas Novas, de Rosalía de Castro). Obsérvese que ademais hai homeoptoto. Si cantan, es ti que cantas Si choran, es ti que choras

En "A gaita gallega" (Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro). Non canta, que chora

En "Cada noite eu pensando choraba..." (Follas Novas, de Rosalía de Castro). tras da noite topaba ca aurora

Categoría:Retórica e figuras da lingua