Jonathan Keith Smart, nado o 21 de setembro de 1964 en Baton Rouge, Louisiana, é un xogador retirado estadounidense de baloncesto profesional e actual adestrador principal dos Sacramento Kings da NBA. É recordado mellor polo lanzamento gañador no campionato da NCAA de 1987, que lle deu aos Indiana Hoosiers a vitoria por 74-73 sobre os Syracuse Orangemen.

Tras dúas tempadas en Indiana, Smart asinou cos San Antonio Spurs, onde xogou dous partidos na tempada 1988-89. Smart tixo máis éxito na CBA, onde xogou seis tempada antes de retirarse en 1995. Smart xogou tamén para os Halifax Windjammers da World Basketball League nos anos 90, e unha tempada nos Worcester Counts da mesma liga en 1989.

Smart xogou tamén en Filipinas, cos San Miguel Beermen da PBA. Xogou ademais dúas tempadas en Francia, e unha en Venezuela

En 2002, Smart rematou a tempada coma adestrador principal dos Cleveland Cavaliers, tras tres tempadas de asistente. A súa marca foi de 9-31. En 2003, converteuse en asistente dos Golden State Warriors.

En 2010, Smart ascendeu ao posto de adestrador principal dos Warriors, substituíndo a Don Nelson antes do comezo da pretempada 2010-11.

Os Warriors o despediron o 27 de abril de 2011, tras unha tempada con 36 vitorias. Uniuse aos Sacramento Kings coma adestrador asistente o 11 de novembro.Keith Smart, Bobby Jackson join Kings O 5 de xaneiro de 2012, os Kings nombrárono adestrador principal interino tras despedir a Paul Westphal.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas BasketballReference.com: Estadísticas de Smart coma adestrador BasketballReference.com: Estadísticas de Smart coma xogador

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Adestradores da NBA Categoría:Adestradores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Adestradores dos Golden State Warriors Categoría:Adestradores dos Sacramento Kings Categoría:Nados en 1964