Salvador de Ponte y Conde de la Peña, nado en Vigo o 21 de febreiro de 1894 e finado na mesma cidade o 8 de febreiro de 1963, foi un militar e político galego.
Traxectoria Estudou na Academia Militar de Guadalaxara. Coronel do Corpo de Enxeñeiros. Durante a República acolleuse ao retiro pola lei Azaña. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao exército sublevado ao mando da Comisión de Mobilización Industrial e o Destacamento de Obras. En 1950 foi destinado a Madrid como coronel da Comandancia de Obras. Foi alcalde de Vigo durante o franquismo, de agosto de 1960 a 1963, finando no cargo. Foi procurador en Cortes como representante dos municipios provinciais (1961-1963).
Recoñecementos Gran Cruz da Orde do Mérito Civil.
Orde de Cisneros.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Militares de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes