A histoloxía é a disciplina que estuda todo o referente aos tecidos orgánicos: a súa estrutura microscópica, o seu desenvolvemento e as súas funcións. A histoloxía é parte da anatomía e identifícase en gran medida co que se chamou ás veces anatomía microscópica.
A existencia de tecidos só se recoñece sen discusión en dous grupos de organismos; a saber, as plantas vasculares (parte do reino Plantae) e os metazoos (parte do reino Animalia). Esta é a razón pola que se pode afirmar que existen dúas disciplinas separadas ás que se chama histoloxía animal e histoloxía vexetal, cada unha con contidos e técnicas diferenciados.
Histoloxía animal
Tipos de tecidos:
Tecido epitelial Epitelio de revestimento Epitelio glandular Tecido conxuntivo Tecido adiposo Tecido unilocular Tecido plurilocular ou multilocular Tecido cartilaxinoso Tecido óseo Sangue Tecido hematopoético Tecido muscular Tecido muscular estriado esquelético Tecido muscular estriado cardíaco Tecido muscular liso Tecido nervioso
Histoloxía Vexetal
En histoloxía vexetal considéranse dous tipos de tecidos:
Tecidos simples, formados por un só tipo celular (parénquima e clorénquima). Tecidos compostos, compostos por varios tipos de células (xilema, floema, epiderme,...)
Dependendo da súa función, clasifícanse os tecidos en:
Tecido meristemático: división celular. Parénquima: fotosíntese e almacenamiento. Colénquima e esclerénquima: de sostén. Xilema, floema: condución. Epiderme, periderme: protección. Glándulas, pelos etc.: tecidos secretores.
Véxase tamén
Ligazóns externas Manual de histoloxía da "Pontificia Escuela Católica de la Universidad de Chile"
Categoría:Histoloxía