Argimiro Marnotes Fernández, nado no Carballiño en 1966, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Fillo de Argimiro Marnotes Rodríguez, que tamén foi alcalde do Carballiño, estudou Arquitectura Técnica na Universidade da Coruña. Dende 2003 foi concelleiro do PPdeG no Carballiño. En 2007 presentouse como candidato á Alcaldía, logrando cinco escanos. En 2009 foi elixido presidente do Consello de Administración de Xestur Ourense. Nas municipais de 2011 obtivo 9 concelleiros e a maioría absoluta, accedendo así á alcaldía. Nas municipais de 2015 baixou a 6 concelleiros, polo que perdeu a alcaldía.

En xullo de 2020 converteuse no novo presidente do Arenteiro. Na súa primeira tempada á fronte do club, conseguiu o ascenso á nova Segunda División RFEF, e deixou a acta de concelleiro para centrarse no fútbol. O 3 de xuño de 2026 presentou a súa dimisión como presidente da entidade, ao desvelar en asemblea unha creba financieira por débedas dun importe de 1,7 millóns de euros e que o club acudiría a un preconcurso de acredores.

En febreiro de 2024 concorreu nas listas do PPdeG ao Parlamento de Galicia. Non saíu elixido inmediatamente, mais trala renuncia de Elena Rivo a mediados de abril daquel ano, converteuse en novo deputado.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Carballiño

Ligazóns externas

Categoría:Alcaldes do Carballiño Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1966 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG