Conde de Torrecedeira é un título nobiliario concedido pola raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena en Real Despacho de 3 de xaneiro de 1891López-Chaves Meléndez, Juan Manuel y Amor Moreno, Grato Ernesto, Inventario de pazos y torres de la provincia de Pontevedra, 1998, ISBN 84-86845-09-02. a Manuel Bárcena Franco, que foi alcalde de Vigo e fundador da Caja de Ahorros-Monte de Piedad de Vigo. O título débelle o seu nome ao pazo de Torrecedeira, en Cedeira (Redondela).
Descendencia miniatura|200px|Manuel Bárcena Franco. O primeiro conde, casado con Dolores de Andrés-García López, tivo tres fillos, pasando o título de conde ao seu primoxénito, Manuel Bárcena Andrés, cónsul de Inglaterra en Vigo e primeiro presidente do Real Club Celta, que casou con Obdulia de Castro Montenegro.
Cando morreu, o título pasou o seu primoxénito Manuel Bárcena Castro, casado con Mercedes Iñíguez Galíndez, faleceu en 1962 sen descendencia.
Obtivo carta de sucesión o seu irmán, Felipe Bárcena Castro, casado con María del Pilar Varela de Limia y Pais. Ao pasamento pasou a ser o quinto conde o primeiro fillo, Felipe Bárcena y Varela de Limia, naturalista nado en Madrid en 1946 e primeiro presidente da Asociación de Amigos de los Pazos.Enciclopedia Galega Universal.
Condes de Torrecedeira miniatura|340px|Pazo de Torrecedeira. Manuel Bárcena Franco (1834-1908), I conde de Torrecedeira. Casou con Dolores de Andrés López. Sucedeuno, en 1908, o seu fillo:
Manuel Bárcena Andrés (1877-1927), II conde de Torrecedeira. Casou con Obdulia de Castro Montenegro. Sucedeuno, en 1930, o seu fillo:
Manuel Bárcena Castro (1905-1962), III conde de Torrecedeira. Casou con Mercedes Iñíguez Galíndez. Sucedeuno, en 1966, o seu irmán:
Felipe Bárcena Castro (1906-1984), IV conde de Torrecedeira. Casou con María del Pilar Varela de Limia País. Sucedeuno, en 1985, o seu fillo:
Felipe Bárcena y Varela de Limia (n. en 1946), V conde de Torrecedeira. Casou con Rosa María de Labra Morán.
Escudo O escudo de armas é o dos Bárcena. En campo de goles, seis basantes de prata dispostos dous, dous e dous. Timbrado con coroa condal.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Pazo de Torrecedeira Rúa do Conde de Torrecedeira
Torrecedeira Categoría:Vigo