miniatura|esquerda|Mitin de Bildu no Kursaal en 2011. Bildu (Reunirse en éuscaro) é unha coalición política cunha ideoloxía nacionalista vasca e situado no chamado polo soberanista e independentista, conformada polos partidos Eusko Alkartasuna, Alternatiba, a plataforma cidadá Herritarron Garaia e outros independentes abertzales e de esquerdas. Os seus integrantes afirmaron a súa vontade de continuar o proxecto de coalición máis alá das eleccións de 2011. Presentaron candidaturas nas eleccións do mes de maio de 2011, como foron as eleccións ao Parlamento de Navarra, as Xuntas Xerais de Araba, de Guipúscoa e de Biscaia, e as eleccións municipais españolas de 2011 en Euskadi, Navarra e no Condado de Treviño (Castela e León).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Euskal Herria Bildu
Categoría:Forzas políticas de Navarra Categoría:Forzas políticas do País Vasco Categoría:Nacionalismo vasco