CalcutaPor exemplo en , de nome oficial Kolkata (কলকাতা), (ata o 1 de xaneiro, de 2001, oficialmente Calcutta), é a capital do estado indio de Bengala Occidental. O seu nome orixinal era Kolikata (en bengalí: কলিকাতা) que aínda se utiliza na literatura culta. É coñecida como "a cidade da ledicia" e "a cidade dos palacios". Tamén se coñece como "Michhil Nagari" (মিছিল নগরী).

Nunha época foi a cidade máis poboada da India, por diante de Bombai. Segundo o último censo indio, do 1° de marzo de 2001, a cidade “propiamente dita” tiña 4 580 544 habitantes. O feito de que o censo anterior (de 1991) xa arroxase 4 399 819 habitantes suxire fortemente unha certa saturación do centro urbano histórico da cidade. Debido a iso mesmo, estimacións posteriores calculan que o Bangalore “estritamente definido” xa excedeu a poboación de Calcuta, a cal entón pasaría a situarse cuarta entre as grandes cidades indias (detrás de Bombai, Delhi e do propio Bangalore).

No entanto, segundo os mesmos datos oficiais de 2001, a poboación da súa área metropolitana ascendía aos 13 211 853 habitantes (11 021 918 de acordo ao anterior, de 1991). [http://www.citypopulation.de/India-Agglo.html Datos citados por el sitio Web City Population, sobre la base de los censos nacionales indios del 1 de marzo de 2001 y de igual mes y día, pero diez años antes (1991) Para xaneiro de 2009, unha estimación xa a situaba preto dos 15 230 000.Proyección media exponencial o geométrica, sobre la base de los dos censos nacionales citados. Desta maneira, só as aglomeracións urbanas de Bombai e Delhi a superan.

Non se debe confundir coa antiga cidade de Calicut (a actual Kozhikode, dun millón de habitantes, no estado sureño de Kerala).

Etimoloxía do topónimo Os nomes Kolkata (nome oficial en inglés desde 2001), Calcutta (antigo nome inglés) e Calcuta (en galego) están probablemente baseados na palabra sánscrita kalikata, que é o nome dun dos tres pobos que existían na área antes da chegada dos británicos. É posible tamén que o termo Kolikata sexa unha variación de Kalikkhetrô [kalikʰːet̪rɔ] (bengalí: কালীক্ষেত্র), que significa "campo de [a deusa] Kali". Do mesmo xeito, pode ser unha variación de Kalikshetra (sánscrito: कालीक्षेत्र, lit. "área da Deusa Kali"). Outra teoría é que o nome deriva de Kalighat.

Xeografía Calcuta atópase situada no leste da India, no delta do Ganxes, a unha altura de entre 1,5 e 9 metros sobre o nivel do mar. Esténdese a beiras do río Hugli en dirección norte-sur, a uns 154 km do golfo de Bengala cara ao interior do continente. A maior parte do terreo sobre o que se asenta a cidade foi orixinalmente unha vasta zona húmida, gañada tras décadas de asentamento da poboación na cidade. A zona húmida restante, coñecida como Zonas húmidas occidentais de Calcuta ou East Calcutta Wetlands foron designadas como "zona húmida de importancia internacional" polo Convenio de Ramsar o 19 de agosto de 2002.

Como na maioría das chairas do Indo-Ganxes, o tipo de chan predominante é o de aluvións. A cidade aséntase sobre chans cuaternarios consistentes en varias capas de sedimentos de arxila, lama e grava. Estes sedimentos atópanse comprendidos entre dous leitos de arxila, o inferior cunha profundidade entre os 250 e 650 metros, e o superior cun grosor de entre 10 e 40 metros. Segundo o Bureau of Indian Standards, a poboación aséntase sobre unha zona sísmica de grao III nunha escala de I a V (segundo a propensión da zona a sufrir un terremoto), mentres que a zona é considerada dun "moi alto risco de danos" por vento e ciclóns segundo o PNUD.

Clima miniatura|Nubes monzónicas sobre Nalban, ao leste de Calcuta. esquerda|miniatura|Imaxe satélite coloreada de Calcuta, tomada polo Landsat 7 da NASA. O clima de Calcuta é de tipo tropical, húmido e seco (Clasificación climática de Köppen). A temperatura media anual é de 26,8 °C, as temperaturas medias mensuais oscilan entre 19 °C e 30 °C. Os veráns son cálidos e húmidos. Durante a tempada seca (maio e xuño) as temperaturas máximas adoitan superar os 40 °C. O inverno térmico adoita durar só uns dous meses, entre decembro e xaneiro, con temperaturas mínimas estacionais de 12 °C. A temperatura máxima rexistrada é de 43,9 °C e a máis baixa de 5 °C. A miúdo, ao comezo do verán, períodos de fortes choivas e tormentas azoutan a cidade, co que se alivia a calor. Estas tormentas son coñecidas localmente como kal baisakhi (কালবৈশাখী).

As choivas do monzón suroccidental azoutan o golfo de Bengala e a cidade entre xuño e setembro e fornecen á cidade a maior parte da súa precipitación anual de 1582 milímetros. A máis alta precipitación ocorre durante as choivas do monzón en agosto (306 milímetros).

A cidade recibe 2528 horas de sol ao ano, o máximo de luz solar prodúcese en marzo.

A contaminación é unha preocupación importante en Calcuta, o seu nivel é alto en comparación con outras grandes cidades da India. Esta grave contaminación do aire na cidade causou un aumento das enfermidades respiratorias como o cancro de pulmón.

Furacán e marusía ciclónica de 1737 O 11 de outubro de 1737 rexistrouse unha violenta tormenta (caeron 380 mm de auga en 6 h) e na madrugada do 12 de outubro a cidade recibiu unha marusía ciclónica de varios metros de altura, xerada por un superciclón. Só en Calcuta ―que nesa época contaba con menos de 20 000 habitantes― morreron 3000 persoas. Posiblemente sexa esaxerado o número de 300 000 persoas falecidas, e a onda de «12 m de altura» posiblemente bastante menor. Até 1994 considerouse que se tratara dun maremoto.«Quake sleuth “saves” 300,000 lives, artigo no sitio web Science Service, Inc., 16 de abril de 1994. Consultado o 4 de agosto de 2012.Roger Bilham: «The 1737 Calcutta Earthquake and Cyclone Evaluated», en Bulletin Seismology Society American, 84 (5): páxs. 1650-1657; 1994.

Demografía miniatura|Edificios residenciais en Ballygunge, ao sur de Calcuta. miniatura|Cúpula do templo Kalighat, santuario dedicado á deusa Kali, deusa patroa da cidade. En 2001 Calcuta tiña unha poboación de 4 580 544, mentres que a aglomeración urbana contaba cunha poboación duns 15 000 000. A porcentaxe de mulleres era de 828 por cada 1000 homes, inferior á media nacional, debido a que moitos homes traballadores proceden das zonas rurais, nas que deixan ás súas familias. A taxa de alfabetización é de 80,86 %, superior á media de toda a India que é de 64,8 %.

Os bengalíes constitúen a maioría da poboación de Calcuta, con outras grandes minorías de marwaris e biharis. A comunidade inclúe chineses (tusán), támiles, gujaratis, ingleses, armenios, tibetanos e parsis. Os principais idiomas que se falan en Calcuta son o bengalí, o hindi, o urdú, o inglés, o oriya e o bhojpuri.

Segundo o censo de 2001, o 77,68 % da poboación profesa a relixión hindú, o 20,27 % son musulmáns, o 0,88 % cristiáns e o 0,75 % profesan o xainismo. Existen outras minorías que constitúen o resto da poboación como os sikhs, budistas e zoroástricos.

A taxa de delincuencia na cidade foi dun 81,4 por 100 000 en contra da taxa nacional de 168,8 en 2004. O barrio de Sonagachi, ten máis de 10 000 traballadores do sexo, é un dos distritos de zona vermella máis grandes de Asia.

Historia A historia de Calcuta comeza en 1690, cando existían tres poboados bengalís na beira leste do río Hugli: Sutanuti, Kalicata e Gobindapur. Nese ano Job Charnock da Compañía Británica das Indias Orientais, estableceu un posto comercial na primeira, e pouco despois nas aforas das outras dúas. Entre 1696 e 1706 construíron unha fortaleza (o vello Fort William) en Kalicata.

A primitiva Calcuta articulábase desde o forte, onde se protexían a casa do gobernador e os almacéns da Compañía, con dúas rúas principais: unha norte-sur, antiga vía de peregrinación cara ao templo de Kalighat, e unha oeste-leste ou Avenue, partindo do forte con St. Anne nun lado e o Tank no outro (depósito de auga e parque, actual praza BBD Bagh), ata os lagos e pantanos que protexían a cidade polo nacente. En 1742 acometeuse a cava dunha rede de trincheiras por temor a unha invasión , coñecido como Maratha Ditch que rodea o territorio das tres primeiras poboacións. Ata hoxe, estes elementos persisten configurando as liñas mestras do corazón da metrópole: Chowringhee, rúa principal da cidade, Bow Bazar e Circular Road unha vez recheado o foxo (1804) marcando os límites da vella Calcuta.

En 1756 os bengalís atacaron e destruíron o forte e conquistan brevemente a cidade. Despois de reconquistala, a primeira tarefa dos británicos foi erixir un novo forte, desta vez con todas as garantías defensivas. É ó Fort William levantado en Gobindapur entre 1758 e 1781, para o que se desprazou a toda a poboación nativa, (os antepasados de Rabindranath Tagore incluídos), e cun baleiro ó redor de grandes proporcións que chegou ata a actualidade coma o gran parque de Calcuta, o Maidán.

No 1772 a cidade foi designada capital da India británica, o que marcou o comezo dunha época de crecemento: drenaxe dos terreos pantanosos, área gobernamental entre dúas rúas, Old Court House e Old Council House, paralelas ao río desde a área do vello forte ata a Esplanade (Maidán) coa Casa do Goberno presidindo o enorme baleiro. Este crecemento alcanzou o seu cumio no mandato do gobernador R. Wellesley (1797-1805), cando a capital recibiu o alcume de Cidade de Pazos. Mais Calcuta estruturábase dende o comezo en dúas áreas ben diferenciadas: a White Town, británica, na metade sur (a dos pazos en torno ao Maidán); e a Black Town, nativa, na metade norte, insalubre e pestilente (foron implementadas medidas para a mellora das condicións entre 1814 e 1836). miniatura|Fort William en 1828, acuarela de William Wood. Ponte Howrah.|miniatura A partir de 1854, coa construción do ferrocarril e a Grand Trunk Road (Calcuta-Peshawar) na beira oeste do río (en Howrah, unión por pontóns en 1874 e ponte en 1943, a cidade a través do seu porto converteu a todo o norte da India na súa área de influencia . Mesmo o sector indio de Calcuta converteuse nun activo centro de comercio, masificándose aínda máis. O final do século XIX marcou o apoxeo da metrópole coma capital intelectual do subcontinente. miniatura|Calcuta en 1945, un importante porto militar da segunda guerra mundial. Pola contra, o século XX significou a perda progresiva de poder e influencia a consecuencia dos avatares xeopolíticos. En 1912 perdeu a capitalidade da India británica en favor de Delhi e no 1947 a da Bengala oriental en favor de Dacca, que coa súa independencia posterior coma Bangladesh (1971) deu a puntilla a cidade ao lle arrebatar a maior parte da súa área de influencia natural. Ademais supuxo o agravamento dos problemas sociais pola grande afluencia de refuxiados non musulmáns do leste, o que a levou a fama mundial coma cidade da extrema miseria.

Educación As escolas primarias e secundarias da cidade de Calcuta son dirixidas ben polo Goberno do estado de Bengala Occidental, ben pola iniciativa privada, a miúdo relacionada co mundo da relixión. A lingua vehicular do ensino nestas escolas adoita ser ben o bengalí ben o inglés, aínda que tamén se utilizan outros idiomas, como o urdú ou o hindi, en función das diversas linguas que se falan na cidade.

Polo que respecta ao ensino universitario, Calcuta, na súa condición de gran cidade da India, conta cun total de nove centros de ensino universitario, entre os que cabe destacar a Universidade de Tecnoloxía e da Ciencia de Bengala, ou a Universidade de Jadavpur, polo que respecta aos estudos de tipo técnico.

Economía dereita|miniatura|Principal zona de negocios de Calcuta.