Jarrett Matthew Jack, nado en Fort Washington (Maryland) o 28 de outubro de 1983, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria Despois do instituto, Jack foi e xogou con Georgia Tech en Atlanta, Xeorxia. No seu ano coma sophomore (2003-04) axudou a Georgia Tech a chegar ás Finais da NCAA con 12,5 puntos e 5,1 asistencias por partido. No seu último ano acadou 15,5 puntos, 4,8 rebotes e 4,5 asistencias.
miniatura|esquerda|Jack entrando a canastra nun partido contra Miami Heat. Despois do seu ano coma júnior en Georgia Tech, optou por entrar no Draft da NBA de 2005, onde foi seleccionado polos Denver Nuggets na 22ª posición. A noite do draft, Jack foi traspasado aos Portland Trail Blazers a cambio de Linas Kleiza (27ª elección) e Ricky Sánchez (35ª elección).
Coma rookie en 2005-06, Jack estaba por detrás de Steve Blake e de Sebastian Telfair, o que fixo que tivera moi poucos minutos. Blake foi traspasado aos Milwaukee Bucks e Telfair aos Boston Celtics nun traspaso entre varios equipos durante o verán de 2006. Coa súa ausencia, Jack colleu o posto de base titular co adestrador Nate McMillan na tempada 2006-07, incrementando esaxeradamente as súas medias. Coa volta de Steve Blake na tempada 2007-08, Jack volveu outra vez ao rol de sexto home.
O 9 de xullo de 2008, Jack foi traspasado aos Indiana Pacers xunto con Josh McRoberts e a elección do draft Brandon Rush, a cambio de Ike Diogu e Jerryd Bayless.
O 13 de xullo de 2009, Jack asinou un contrato por 4 anos cun valor de 20 millóns de dólares cos Toronto Raptors. Os Pacers tiñan sete días para igualar a oferta, pero decidiron non facelo.
O 20 de novembro de 2010, Jack foi traspasado aos New Orleans Hornets xunto con Marcus Banks e David Andersen, a cambio de Peja Stojaković e Jerryd Bayless.
O 11 de xullo de 2012, foi traspasado ós Golden State Warriors nun traspaso entre tres equipos, incluíndo os Philadelphia 76ers, quen recibiron a Dorell Wright de Golden State.
O 12 de xullo de 2013, Jack asinou cos Cleveland Cavaliers.Cavaliers Sign Jack and Clark
O 10 de xullo de 2014, Jack foi traspasado ós Brooklyn Nets nun traspaso entre os Nets, os Cavaliers e os Boston Celtics.Brooklyn Nets Acquire Jarrett Jack and Sergey Karasev O 30 de xuño de 2016, foi cortado polos Nets.Brooklyn Nets Waive Jarrett Jack
O 15 de xullo de 2016, Jack asinou cos Atlanta Hawks.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados no condado de Prince George, Maryland Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Adestradores asistentes dos Phoenix Suns Categoría:Adestradores asistentes dos Detroit Pistons