Terminator 3: A rebelión das máquinas (en ) é un filme de acción estadounidense dirixido por Jonathan Mostow que se estreou no 2003. Estreouse en galego na TVG o 20 de abril de 2011.
Sinopse Pasou unha década dende que John Connor (Nick Stahl) salvara á humanidade da destrución. Na actualidade John ten 20 anos e vive na clandestinidade: non hai ningunha proba documental da súa existencia. Así evita ser rastreado por Skynet (a sofisticada intelixencia artificial que unha vez intentou acabar coa súa vida). Pero, agora, dende o futuro, foi enviada a T-X (Kristanna Loken), a máquina destrutora cyborg máis desenvolvida de Skynet. A súa misión é completar o traballo que non puido rematar o seu predecesor, o T-1000. O T-X é unha máquina tan implacable como fermoso o seu aspecto humano. Agora a única esperanza de sobrevivir para Connor é un Terminator T-850 enviado pola resistencia humana.
Personaxes Arnold Schwarzenegger como Terminator T-850 Nick Stahl como John Connor Claire Danes como Kate Brewster Kristanna Loken como T-X David Andrews como Robert Brewster Mark Famiglietti como Scott Mason Earl Boen como Doutor Silberman Moira Harris como Betsy Chopper Bernet como Xefe enxeñeiro Christopher Lawford como Brewster's Aide Carolyn Hennesy como Muller rica
Notas
Véxase tamén Outros artigos Terminator Terminator 2: O xuízo final Terminator Salvation Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web Oficial
Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes apocalípticos Categoría:Filmes distópicos Categoría:Filmes de viaxes no tempo Categoría:Filmes sobre armas e guerras nucleares Categoría:Filmes sobre intelixencia artificial Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2003 con versión en galego