miniatura|Cirurxiáns traballando no quirófano. En medicina, un cirurxián, feminino cirurxiá, é un especialista en cirurxía. É dicir un médico que é capaz de previr, diagnosticar e curar enfermidades exercendo a cirurxía.
A cirurxía é unha ampla categoría de tratamentos médicos invasivos que implican a abertura dun corpo, humano ou animal, para extraer un órgano enfermo ou para reparar algunha ruptura.
Os cirurxiáns poden ser médicos, dentistas ou veterinarios.
Historia
Na Idade Media a medicina era practicada por diversos personaxes, un dos cales era cirurxián-barbeiro, o que brindaba, entre outras funcións, asistencia médica aos soldados feridos. Era, efectivamente, un barbeiro, pero ademais ofrecía a súa asistencia principalmente nas amputacións.
Existen dúas obras que, se ben son novelas históricas, ilustran o desenvolvemento da cirurxía e a anestesioloxía nos seus primeiros tempos (séculos XIX e principios do XX), chamadas O triunfo da cirurxía e O século da cirurxía, de Jürgen Thorwald.
Antes do descubrimento da anestesia e a asepsia, a cirurxía era un procedemento traumático e de último recurso, cunha taxa de morte altísima e reservado case exclusivamente aos procedementos de amputación.
Co descubrimento destas, a finais do século XIX, a cirurxía converteuse nun complicado coñecemento que exixiu a cualificación profesional en medicina.
Formación Actualmente en España o cirurxián debe ter o título de doutor en Medicina e Cirurxía e realizar polo menos unha especialización en cirurxía xeral (entre 4 e 5 anos, ademais da formación básica en medicina). Existe a posibilidade de que logo realice subespecializacións tales como:
Cirurxía plástica: cirurxía reconstrutiva e cirurxía estética Cirurxía gastrointestinal Cirurxía de mamas Cirurxía oncolóxica Cirurxía de cabeza e colo Cirurxía cardíaca Cirurxía torácica Cirurxía vascular periférica Neurocirurxía Cirurxía ortopédica e traumatoloxía Uroloxía Cirurxía de transplantes Cirurxía pediátrica Cirurxía endócrina
Cirurxiáns pioneiros Abul-Qasim Khakaf ibn al Abbas al Zahravi (médico hispano-árabe, máis coñecido como Abulcasis en occidente, considerado o pai da cirurxía moderna).El primer gran cirujano; Abulcasis Sushruta (o primeiro do que está documentada unha operación de rinoplastia).Haeger, Knut (1993): Historia de la cirugía. Editorial Raíces.Rana, R. E. & Arora, B. S. (2002): History of plastic surgery in India . Charles Kelman (inventor da facoemulsificación, técnica moderna para a cirurxía das cataratas). William Stewart Halsted (iniciador das modernas residencias para o adestramento cirúrxicas nos Estados Unidos e pioneiro en moitos campos). Alfred Blalock (primeiro que, nos tempos modernos, fixo con éxito unha operación a corazón aberto, en 1944). Christiaan Barnard (cirurxián cardíaco surafricano que realizou o primeiro transplante de corazón). John Hunter (escocés, considerando como o pai da cirurxía moderna, que fixo centos de diseccións). Sir Victor Horsley (neurocirurxián). Lars Leksell (neurosurgery, inventor of radiosurgery) Joseph Lister (descubridor da sepsis cirúrxica. A bacteria ''Listeria monocytogenes e a listerina chámanse así na súa honra). Harvey Cushing (pioneiro, e considerado por moitos como o pai da neurocirurxía moderna). Valeri Shumakov (pioneiro dos implantes de órganos artificiais). Gazi Yasargil (neurocirurxián turco fundador da microneurocirurxía). Rene Favaloro (primeiro cirurxián que fixo un bypass nas arterias coronarias). Michael R. Harrison (pioneiro da cirurxía fetal). Fidel Pagés (pioneiro da anestesia epidural).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Historia da medicina Medicina Organización Médica Colegial de España Traumatoloxía
Categoría:Ocupacións sanitarias