Gordon Daniel Hayward, nado en Indianapolis (Indiana) o 23 de marzo de 1990, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense. Xogou para a Universidade de Butler en Indianapolis dúas tempadas antes de irse á NBA. Hayward salientou na súa tempada coma sophomore (segundo ano), liderando aos Butler Bulldogs a un gran remate do torneo da NCAA de 2010. Foi elixido polos Utah Jazz na 9ª posición do Draft da NBA de 2010.

Traxectoria Hayward xogou en 72 partidos na súa tempada coma rookie en Utah, acadando 5,4 puntos por partido e unha porcentaxe do 47% en triplas. No comezo da tempada, xogou pouco para os Jazz, pero foi gañando minutos a medida que avanzaba a tempada, e respondeu cun gran xogo nos últimos partidos. Fixo un gran partido contra os Los Angeles Lakers o 5 de abril, xogando mellor que Kobe Bryant nese partido, e facendo grandes xogadas nos derradeiros minutos para axudar á vitoria dos Jazz por 86-85. Hayward rematou con 22 puntos, 6 rebotes e 5 asistencias, e a súa defensa fixo que Bryant tivera unha actuación horrible, con 7 perdas de balón, e tan só 6 de 18 de tiros de campo. Hayward rematou a tempada coa mellor marca da súa carreira, 34 puntos, na vitoria por 107-103 contra os Denver Nuggets.Denver Nuggets vs. Utah Jazz - Box Score - April 13, 2011

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en Indianápolis, Indiana Categoría:Nados en 1990 Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder