Paulo Orosio, orixinalmente descrito como Pauli Horosi , Paulus Orosius ou simplemente Orosio, nado aproximadamente en 383 e finado quizais en 420, foi un historiador e teólogo da Gallaecia, posiblemente natural de Bracara Augusta (o que hoxe se coñece como Braga, Portugal). Traxectoria Foi unha figura de gran prestixio cultural, que tivo contacto coas grandes personalidades da súa época, como Agostiño de Hipona ou Xerome de Estridón e autor da Historiae adversus paganos, unha narración histórica desde a creación do mundo ata a súa contemporaneidade.

Interrogantes sobre a súa figura Nome Respecto ao apelativo de Paulo Orosio, a dúbida non está en "Orosio" senón no nome anteposto de "Paulo". Non se sabe se se chamou así ou se o "P" de presbítero, que sempre acompañaba o seu nome, co paso do tempo se confundiu con PauloTORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. Paulo Orosio. Su vida y sus obras. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1985, p. 19.. Con todo, xa en autores inmediatamente posteriores a Orosio aparece o nome Paulo. De feito, ata o propio Casimiro Torres, un dos principais estudosos sobre a figura de Orosio, sinala que Paulo puido ser a acepción cristiá e Orosio a indíxenaTORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. Paulo Orosio. Su vida y sus obras. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1985.

Lugar de orixe miniatura|250px|Panorámica de Braga na actualidadeEn canto á súa orixe, existen catro teorías:

Nacemento en Bracara Augusta: é a idea máis aceptada por ser a que máis puntos de apoio ten. Se non fose Braga, polo menos habería que pensar nunha zona da contorna da Gallaecia. Para esta afirmación pódese recorrer á propia obra de Orosio, ou a dúas epístolas de Agostiño de Hipona, a 166 e a 169. Nacemento en Tarraco: na súa Historiae Orosio fala de "Tarraconem nostra" (a nosa Tarragona). O autor do século XIX Theodor von MörnerTheodor von Mörner foi un historiador do século XIX que escribiu De Orosii Vita Eiusque Historiarum Libris Septem Adversus Paganos (1844) sostivo esta idea, pero hoxe en día non parece factible sostela por un único indicio.Martínez Cavero, Pedro, ?O pensamento??, p. 24. Nacemento en Brigantium (A Coruña): esta teoría baséase unicamente en que Orosio cita dúas veces a localidade no apartado xeográfico das Historiae. Nacemento na Bretaña: é unha teoría similar á anterior, e apóiase tamén no coñecemento máis ou menos profundo desta zona por OrosioMARTÍNEZ CAVERO, Pedro, El pensamiento histórico y antropológico de Orosio, Murcia:Universidad. 2002, p. 25..

Data de nacemento A data de nacemento non consta en ningures. Se en 415 hai constancia de que Agostiño de Hipona falaba de Paulo Orosio como "un mozo presbítero", iso significa que entón non podía ter máis de 40 anos (mozo), nin menos de 30 (presbítero)TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. Paulo Orosio. Su vida y sus obras. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1985, p.27. No abano de datas que vai dende 375 e 385, o ano máis probable é 383, dado que iso suporía que cando Orosio chegou onda Agostiño de Hipona tería 32 anos, é dicir, dous desde a súa ordenación como presbítero.

Vida Primeiros anos A pesar da escaseza de fontes, se se acepta un abano de dez anos entre 375 e 385 para o nacemento de Orosio, habería que enmarcalo nun momento de pleno desenvolvemento do priscilianismo e de auxe cultural do noroeste ibérico coa aparición de Exeria ou de HidacioLÓPEZ PEREIRA, J.E. 'Cultura y literatura latinas en el NO peninsular en la latinidad tardía', Minerva. Revista de Filología Clásica, 1:1987 , p. 129-144..

Paulo Orosio podería pertencer a unha familia ben situada socialmenteMARTÍNEZ CAVERO, Pedro, El pensamiento histórico y antropológico de Orosio, Murcia:Universidad. 2002. o que lle permitiría acceder a unha boa formación. A historiografía contemporánea sinala que desde a mocidade Orosio tiña sona de falador e erudito, baseándose en afirmacións de Agostiño de Hipona e do papa Xelasio I. En calquera caso, todo o referente á mocidade do autor non son máis que hipóteses e conxecturas, pois xunto á súa desaparición é a época peor coñecida da súa biografía.

Viaxe a África En principio, parece seguro que Paulo Orosio viviu na Gallaecia ata 409, pero entre ese ano e 415, non hai datos completamente fiables. A cronoloxía tradicional é a que se segue nos seguintes parágrafosMARTÍNEZ CAVERO, Pedro, El pensamiento histórico y antropológico de Orosio, Murcia:Universidad. 2002, p. 29.:

Ao parecer, Orosio tivo que saír de Braga por mor das invasións xermanas. A data en que isto se produciu non está clara, pero o que non se pon en dúbida é que saíu de alí abruptamente. O propio Orosio afirma que foi perseguido ata a mesma praia na que embarcouPAULO OROSIO, Historiae adversus paganos, III 20, 6-7.. De entre todas as datas expostas para a saída de Braga, que van desde 409 ata 414, o máis operativo é quedar coas dúas máis aceptadas: 410: sostida por G. Fainck. Así, Orosio tería unha marxe de 5 anos para colaborar con San Agustín antes da súa viaxe a Palestina. 414: a máis aceptada. A propia obra de Orosio, Commonitorium, que data de 414, fala da súa chegada a Cartago e do seu encontro con Agostiño de Hipona.

O certo é que unha vez Orosio saíu da Península Ibérica tiña claro que o seu destino era Hipona, para atoparse co maior intelectual da época: Agostiño de Hipona. Desde a súa chegada, Orosio pasou a formar parte do equipo que traballaba xunto a Agustín de Hipona, polo que é posible que o autor colaborase na elaboración da Cidade de Deus ou que polo menos coñecese a obraMARTÍNEZ CAVERO, Pedro, El pensamiento histórico y antropológico de Orosio, Murcia:Universidad. 2002, p. 35.. En 415, Agostiño encargoulle a Orosio unha tarefa que só podía realizar alguén da súa confianza: viaxar a Palestina para atoparse con Xerome de Estridón, un teólogo co que as relacións non eran boas, e que vivía coma monxe en Belén.

Viaxes a Palestina A viaxe a Palestina respondía a un dobre motivo: o interese de Orosio, que quería tratar con Xerome diferentes temas teolóxicos (en especial o relacionado coa orixe da alma) e o interese de Agostiño, que lle encargara estreitar lazos con el e solicitarlle información sobre a herexía pelaxianistaMARTÍNEZ CAVERO, Pedro, El pensamiento histórico y antropológico de Orosio, Murcia:Universidad. 2002, p. 39..

De feito, en 415, ao que se instalou en Belén xunto a Xerome, Paulo Orosio entrevistouse co propio Pelaxio, e participou no sínodo que se celebrou en xuño do 415 polo apoio do bispo de Xerusalén Xoán II a Pelaxio. Nel, Orosio leu a condena que se realizara no sínodo de Cartago no 411 e leu os escritos de Agostiño contra o pelaxianismo sen conseguir que se condenase a Pelaxio. Por mor deste enfrontamento escribiu o seu Liber ApologeticusMARTÍNEZ CAVERO, Pedro, El pensamiento histórico y antropológico de Orosio, Murcia:Universidad. 2002, p. 42... Orosio envioulle cartas e legados ao papa Inocencio I e agardou ao sínodo de Dióspole, que se celebrou a fins de ano e no que Pelaxio saíu absolto.

Últimos anos O 26 de decembro de 415 acháronse as reliquias de santo Estevo e a Orosio encargáronlle levar unhas poucas a Bracara AugustaMARTÍNEZ CAVERO, Pedro, El pensamiento histórico y antropológico de Orosio, Murcia:Universidad. 2002, p. 43.. Con todo, antes tiña que pasar por Hipona, pois levaba escritos de Xerome para Agostiño, e tamén hai constancia de que pasou por Xerusalén e por Alexandría, aínda que isto último non se sabe se o fixo á ida, á volta ou en ambas as ocasiónsMARTÍNEZ CAVERO, Pedro, El pensamiento histórico y antropológico de Orosio, Murcia:Universidad. 2002, p. 45..

Durante a súa segunda estancia en Hipona, xestouse a grande obra de Paulo Orosio, a Historiae adversus paganos. Con todo, xorden problemas á hora de datar tanto a elaboración como a finalización do libro, para o que hai opinións de diversos tipos:

A hipótese tradicional di que o libro se redactou entre 416 e 417MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, El pensamiento histórico y antropológico de Orosio, Murcia:Universidad. 2002, p. 52-53. A data apóiase en que no Liber Apologeticus aínda non di nada do seu labor como historiador, e que no prólogo fala do Libro XI da Cidade de Deus de Agostiño de Hipona, que non se publicou ata 416, pero deixa en escuro como foi capaz de escribir os diversos volumes da obra en tan pouco tempo. Unha hipótese máis moderna, sostida por Casimiro Torres, di que Orosio parou por segunda vez en Hipona un tempo moi breve, que intentou volver a Hispania, cousa que non conseguiu, e que escribiu o libro nunha terceira estadía en Hipona, o que explicaría que nas súas Historiae se fale de sucesos ocorridos en Hispania en 417. Unha terceira teoría xa clásica, sostida por T. von Mörner e G. Fainck, fala de que Osorio realizara xa un traballo previo antes de viaxar a Palestina, e que o retomou e rematou ao seu regreso.

Desaparición

Tras a publicación das Historiae, non hai apenas información sobre Paulo Orosio. Sábese que estivo en Menorca, pero descoñécese a data de falecemento. Esta ausencia de referencias a Orosio puido deberse a un distanciamento con Agostiño, quen non fai ningunha referencia clara ás Historiae de Orosio despois de seren publicadas. Xenadio de Marsella di que o autor chegou, polo menos, ata a fin do mandato do emperador Flavio Honorio, que se prolongou ata 423, pero non hai ningunha noticia de Orosio desde 417MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, El pensamiento histórico y antropológico de Orosio, Murcia:Universidad. 2002, p. 57. Existen máis posibilidades, desde unha posible morte repentina ata unha sorte de lenda que fala de que Orosio finalmente chegou a Hispania, fundou un mosteiro preto do cabo de Palos e terminou alí as súas ideas, algo que neste momento parece pouco probable.

Obra Commonitorium e Liber Apologeticus

miniatura|250px|O Commonitorium e as Historiae responderon, polo menos en orixe, á influencia directa que Agostiño de Hipona exerceu sobre Orosio.Aínda que o escrito máis importante de Paulo Orosio foi a Historiae Adversus Paganos, tamén hai que ter en conta as outras dúas obras que se conservan do autor, coñecidas xeralmente como Commonitorium e Liber ApologeticusTORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. Paulo Orosio. Su vida y sus obras. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1985, p. 18..

O nome completo do primeiro libro é Consultatio sive commonitorium ad Augustinum de errore Priscillianistarum et Origenistarum (en galego: Consulta ou advertencias a Agostiño verbo do erro dos Priscilianistas e dos Orixenistas). En principio é unha obra destinada a Agostiño e xa que logo a súa data de redacción tería como límite a da súa chegada a África, entre 409 e 414BELTRÁN CORBALÁN, Domingo, GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Rafael e MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, 'El Commonitorium de Orosio: traducción y comentario', in Faventia: Revista de filología clàssica, 21:1999, p. 66.. O segundo límite cronolóxico atópase en 415, data aceptada de publicación da obra Liber ad Orosium contra Priscillianistas et Origenistas, onde Agostiño responde ao Commonitorium de OrosioBELTRÁN CORBALÁN, Domingo, GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Rafael e MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, 'El Commonitorium de Orosio: traducción y comentario', in Faventia: Revista de filología clàssica, 21:1999, p. 67..

A obra non só estaba dirixida a Agostiño de Hipona, senón que estivo precedido de conversas co santo. Nel relátase a súa viaxe a África, explícase e critícase tanto o priscilianismo coma o orixenismo e pídeselle consello a Agostiño sobre diversos temas teolóxicosBELTRÁN CORBALÁN, Domingo, GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Rafael e MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, 'El Commonitorium de Orosio: traducción y comentario', in Faventia: Revista de filología clàssica, 21:1999, p. 71..