Delicatessen é un filme de humor negro francés dirixido por Jean-Pierre Jeunet e Marc Caro, protagonizado por Dominique Pinon e Karin Viard que se estreou en 1991.
Sinopse A historia desenvólvese nun edificio da Francia rural e postapocalíptica de 1950. A comida non é abonda, o gran é empregado como moeda e a poboación animal é cazada ata a extinción. Ó pé do edificio está a carnizaría, que pertence ó caseiro, Clapet, quen coloca mensaxes no xornal "Tempos Duros" para atraer vítimas ó edificio, asasinalas e vendelas como carne ós habitantes do edificio.
Trala "partida" do último habitante, o pallaso desempregado Louison chega para ocupala vacante. Durante a súa rutina de mantemento do edificio, faise amigo de Julie Clapet, e esta relación convértese en namoramento. Coñecedora das intencións do seu pai e a inminente morte de Louison, Julie descende ós sumidoiros para atopar ós temidos Trogloditas, un grupo rebelde de franceses vexetarianos, ós cales convence para que rescaten a Louison.
Despois da morte e desmembramento (por carne) dunha anciá, os Trogloditas volven, e o Sr. Clapet, xunto ós habitantes caníbales do edificio, atormentan a Louison na súa habitación para asasinalo. Louison, coa axuda de Julie, fere a tódolos inquilinos posibles ó anegar o seu apartamento. Logra escapar da morte por moi pouco, logo de que Clapet accidentalmente se matara coa arma de Louison, un búmerang. O filme remata con Julie e Louison desfrutando da compaña do outro no agora pacífico edificio.
Personaxes Dominique Pinon como Louison Marie-Laure Dougnac como Julie Clapet Jean-Claude Dreyfus como Clapet Karin Viard como Mademoiselle Plusse Ticky Holgado como Marcel Tapioca Edith Ker como Avoa Rufus como Robert Kube Jacques Mathou como Roger Howard Vernon como Frog Man Marc Caro como Fox
Galardóns e nomeamentos 1991: Festival de Sitges: Mellor director, mellor actor (Dominique Pinon), banda sonora.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Filmaffinity Ficha na IMDb
Categoría:Filmes de 1991 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Jean-Pierre Jeunet Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes distópicos