Road to Perdition é un filme estadounidense dirixido por Sam Mendes que se estreou no 2002. O guión foi adaptado por David Self dende Road to Perdition de Max Allan Collins. Está protagonizado por Tom Hanks, Paul Newman, Jude Law e Daniel Craig. A historia ten lugar en 1931, durante a Gran Depresión, e conta como un membro da mafia e o seu fillo buscan vinganza polo asasinato do resto da súa familia.
A rodaxe tivo lugar na área de Chicago. Mendes, que fixera había pouco tempo o aclamado American Beauty (1999), conseguiu unha historia cun diáologo mínimo que transmitise a emoción a través das imaxes. O fotógrafo Conrad L. Hall empregou o ambiente para crear un simbolismo para o filme, polo cal gañou varios premios, incluíndo un Oscar póstumo á mellor fotografía. O filme explora diversos temas, como as consecuencias da vinganza e as relacións paternofiliais.
Foi estreado o 12 de xullo de 2002, e acadou unha recadación de máis de $180 millóns en todo o mundo. A fotografía, a ambientación e as interpretacións de Hanks e Newman foron moi ben acollidos pola crítica.
Sinopse Nos escuros anos da Gran Depresión, Michael Sullivan é un asasino a soldo que se debate entre a lealdade inquebrantable ó seu xefe, o señor Rooney, e a súa propia familia. Son tempos duros en Rock Island, onde a mafia irlandesa impón a súa lei. A Lei Seca segue estando vixente e os gánsteres como Al Capone están no cumio do poder.
Personaxes Tom Hanks como Michael Sullivan, home que traballa para John Rooney. Tyler Hoechlin como Michael Sullivan. Hoechlin foi escollido entre 2,000 candidatos para interpretar o fillo de Michael Sullivan. Paul Newman como John Rooney, o xefe do crime, que trata a Michael Sullivan como se fose o seu propio fillo. Newman foi unanimamente escollido para este papel Jude Law como Harlen Maguire, un fotógrafo de escenas de crimes que tamén é un asasino. Daniel Craig como Connor Rooney, o inestable e violento fillo de John Rooney. Stanley Tucci como Frank Nitti, un subordinado de Al Capone. Tucci xa ten interpretado papeis en filmes de gangster, recreando o estereotipo de Hollywood de que tódolos italoamericanos son gangsters. O actor, atraído pola idea de traballar con Mendes, aceptou o papel de Nitti, un gangster real de Chicago. Jennifer Jason Leigh como Annie Sullivan, a muller de Michael Sullivan. Liam Aiken como Peter Sullivan, o fillo máis novo de Michael Sullivan. Dylan Baker como Alexander Rance. Ciarán Hinds como Finn McGovern, o home asasinado por Connor Rooney. Anthony LaPaglia como Al Capone, o famoso xefe do crime. Só sae nas escenas eliminadas da versión en DVD.
Galardóns 2002: Oscar á mellor fotografía. 6 nomeamentos. 2002: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor actor secundario (Paul Newman). 2002: 2 premios BAFTA: Mellor fotografía, deseño de produción. 3 nomeamentos. 2002: Nomeada ó León de Ouro no Festival de Venecia: Mellor director (Sam Mendes).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web Oficial
Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Sam Mendes Categoría:Filmes con banda sonora de Thomas Newman Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes rodados en Chicago Categoría:Filmes ambientados en 1931