Ryan Kenwood Hollins, nado o 10 de outubro de 1984 en Pasadena (California), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que é axente libre.

Traxectoria miniatura|esquerda|Hollins, cos Cavaliers, fai un mate sobre Yi Jianlian. Hollins foi elixido na segunda rolda (50ª posición) do Draft da NBA de 2006 polos Charlotte Bobcats. Foi o 100º xogador de UCLA en ser elixido no Draft da NBA. Na súa tempada coma rookie, xogou en 27 partidos e acadou 2.6 puntos por encontro.

Durante a pretempada de 2008, os Bobcats fixéronlle unha oferta e Hollins converteuse en axente libre restrinxido. O 25 de xullo de 2008, asinou a oferta que lle fixeran para quedar un ano máis cos Charlotte Bobcats.

O 16 de xaneiro de 2009, Hollins foi traspasado aos Dallas Mavericks xunto con Matt Carroll a cambio de DeSagana Diop.

O 3 de agosto de 2009, asinou polos Minnesota Timberwolves un contrato por tres anos cun valor de 7 millóns de dólares. Os Mavericks non igualaron a oferta, e Hollins foise a Minnesota.

O 26 de xullo de 2010, Hollins foi traspasado aos Cleveland Cavaliers xunto ao base Ramon Sessions e unha elección da segunda rolda do Draft da NBA de 2013, a cambio de Delonte West e Sebastian Telfair. O 20 de marzo de 2012, foi cortado polos Cavaliers.Cleveland Cavaliers waive center Ryan Hollins

Asinou cos Boston Celtics o 23 de marzo de 2012.Celtics sign center Ryan Hollins Hollins xogou en 15 partidos da tempada regular cos Celtics, e en 17 de 20 partidos nos Playoffs, aportando enerxía e capacidade reboteadora.

O 23 de xullo de 2012, asinou cos Los Angeles Clippers.

O 18 de setembro de 2014, Hollins asinou cos Sacramento Kings.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en UCLA

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Pasadena, California Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores do CB Gran Canaria Categoría:Xogadores do Auxilium Pallacanestro Torino