David Páez Picón (Cachi) nado en San Juan de la Frontera (Arxentina) o 9 de decembro de 1975) é un xogador de hóckey a patíns arxentino. Na tempada 2011-12 xogará no Centro Valenciano da súa localidade natal. É irmán do tamén xogador de hóckey a patíns José Luis Negro Páez.
Traxectoria Naceu en San Juan de la Frontera (Arxentina) o 9 de decembro de 1975. Xogou no Concepción PC ata 1992, cando asinou co conxunto italiano do Roller Monza. Tres anos despois, decidiu abandonar o equipo transalpino e asina co CP Alcobendas. Finalmente, en 1997 incorporouse ao club no que gañou máis títulos na súa carreira deportiva, o FC Barcelona. Paralelamente, disputou numerosos partidos coa selección arxentina, coa que gañou o Campionato do Mundo "A" en 1999.
Ademais dos numerosos títulos a nivel de club e de selección, David Páez ten numerosos galardóns individuais como o Premio Clarín ao mellor xogador do Campionato do Mundo "A" disputado na cidade alemá de Wuppertal en 1997, e o de xogador máis destacado do Torneo Cidade de Vigo e do Campionato do Mundo "A" do 2003.
Características Xogador moi explosivo e cun gran control do stick e da bóla, destaca principalmente pola súa capacidade goleadora.
Equipos Concepción PC: -1992 Roller Monza: 1992-95 CP Alcobendas: 1995-97 FC Barcelona: 1997-2011 Club Centro Valenciano: 2011-
Palmarés Concepción PC 1 Liga oficial: 1991
Roller Monza 1 Recopa de Europa 1 Liga italiana
FC Barcelona 8 Copas de Europa: 1999-00, 2000-01, 2001-02, 2003-04, 2004-05, 2006-07, 2007-08, 2009-10 1 Copa CERS: 2005-06 2 Copas Intercontinentais: 2006, 2008 8 Copas Continentais: 1999-00, 2000-01, 2001-02, 2003-04, 2004-05, 2005-06, 2006-07, 2007-08 13 Ligas españolas: 1997-98, 1998-99, 1999-00, 2000-01, 2001-02, 2002-03, 2003-04, 2004-05, 2005-06, 2006-07, 2007-08, 2008-09, 2009-10 6 Copas do Rei: 2000, 2002, 2003, 2005, 2007, 2011 3 Supercopas españolas: 2003-04, 2004-05, 2006-07 3 Copas Ibéricas: 1999-00, 2000-01, 2001-02
Selección arxentina 1 Campionato do Mundo "A": 1999
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha do xogador na web do FC Barcelona David Páez en hoqueipatins.cat
Páez, David