O 1 de xaneiro é o primeiro día do ano do calendario gregoriano. Quedan 364 días para finalizar o ano, 365 nos ano bisestos. No calendario xuliano empezou a ser o primeiro día do ano no 153 a. C.

Acontecementos Ata 1900 -45, entra en vigor o calendario xuliano, que será usado até 1582. -42, o senado decide darlle divindade ao defunto Xulio César. 990, Rusia adopta o calendario xuliano. 1432, Yusuf IV é proclamado sultán do Reino de Granada tras unha sublevación popular que destrona a Muhammad IX. 1502, Brasil: Amerigo Vespucci descobre a baía de Guanabara, onde se fundaría a cidade de Río de Xaneiro. 1504, entrada triunfal do exército español en Gaeta, co que remata a guerra por Nápoles entre Francia e España. 1515, o rei Francisco I sucede no trono a Lois XII por falta de descendencia. 1554, ten lugar en Chile a Batalla de Tucapel e a morte de Pedro de Valdivia. Os mapuches, ao mando de Lautaro, derrotan os españois e dan morte a Valdivia. 1559, sobe ao trono o rei Frederico II de Dinamarca e Noruega. 1567, pragmática de Filipe II contra a actitude belicosa dos mouros en Granada, orixe da guerra das Alpujarras. 1568, como ampliación da Pragmática do ano anterior, decrétase por Filipe II que os musulmáns deberán entregar os seus fillos en idades comprendidas entre 3 e 15 anos ás autoridades eclesiásticas para a ensinanza da relixión cristiá e a lingua castelá. 1574, en Bolivia o conquistador español Santiago Barba de Padilla funda a cidade de Oropesa, que foi chamada Cochabamba a partir de 1786. 1575, fúndase en México a vila de Celaya. 1584, o frade mexicano Martín Durán pronuncia un discurso a favor dos aborixes mexicanos, motivo polo que a Santa Inquisición dá orde de que sexa queimado vivo. 1622, os Estados Pontificios adoptan o 1 de xaneiro coma inicio do ano. 1644, en Francia aparece a primeira publicación de Jean-Baptiste Poquelin na que firma baixo o alcume de Molière. 1652, o físico Johann Lorenz Bausch funda a Academia Naturae Curiosorum. 1679, no Brasil, Francisco Gil de Araújo en calidade de vicerrei ordena a fundación dunha vila nas beiras do río Guarapari, que corresponde ao estado de Espírito Santo. 1730 No Uruguai fúndase o primeiro cabido na cidade de Montevideo. 1764, Wolfgang Amadeus Mozart toca en Versalles á idade de 8 anos. 1772, o futuro presidente dos Estados Unidos, Thomas Jefferson casa con Martha Wayles Skelton. 1777 En Francia aparece o primeiro xornal parisiense, o Journal de Paris Bernardo de Gálvez y Madrid é o primeiro español nomeado gobernador de Luisiana (Estados Unidos de América). 1788, publicación en Londres do primeiro número do xornal The Times. 1791, aparece en Lima o primeiro número do xornal El Mercurio Peruano, dirixido por Hipólito Unanue. 1797, a cidade de Albany substitúe a Nova York coma capital do estado homónimo. 1801 Descubrimento do primeiro asteroide, Ceres, polo astrónomo italiano Giuseppe Piazzi no seu observatorio de Palermo. Constitúese o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda. O indio Mariano pronúnciase en México contra das autoridades vicerreinais na serra de Nayarit, e pretende restabelecer o reinado de Moctezuma II. A rexión chilena de La Serena é sacudida por un forte sismo, non se coñece a intensidade nin se provocou mortes. 1804, Jean-Jacques Dessalines proclama a independencia de Haití, resucitando o antigo nome indio da illa. 1806, restablecemento en Francia do calendario gregoriano. 1807, o revolucionario e libertador venezolano, Simón Bolívar chega aos Estados Unidos. 1808, Serra Leoa transfórmase nunha colonia británica. 1818, o libertador e político Bernardo O'Higgins proclama a independencia de Chile. 1820 O tenente coronel Rafael del Riego reponse contra o absolutismo en Las Cabezas de San Juan, (Sevilla), e proclama a Constitución de 1812. 1821, a rexión norteña do Pará brasileiro súmase á Revolución Constitucionalista de Portugal. 1824, en México a xunta gobernativa aproba a Acta Constitutiva da Federación. 1826, en Cuba pídese apoio do pobo e do goberno para fundar a Academia de Ciencias Médicas, Físicas e Naturais da Habana. 1830, Anastasio Bustamante asume a Presidencia de México. 1831, sae ás rúas da cidade de Boston o xornal The Liberator. 1841, Honduras elixe o primeiro presidente da república, o xeneral Francisco Ferrera. 1849, no Brasil publícase o chamado "Manifesto ao Mundo" que daría lugar á Revolución da Praia. 1850, estabelécese en España un novo sistema de franqueo da correspondencia, o selo adhesivo. 1855, edítase o primeiro censo escocés que recolle os casamentos, os nacementos e as mortes da xente do país. 1860, vitoria das tropas españolas ao mando do xeneral Prim, na batalla de los Castillejos. 1863, nos Estados Unidos entra en vigor a Acta de Emancipación para os escravos do sur, asinada polo presidente Lincoln. 1865, en Chile estabelécese o sistema métrico decimal. 1867, o químico sueco Alfred Nobel obtén por primeira vez a dinamita de forma industrial. 1868, o presidente Aristidis Moraitinis renova a súa lexislatura no goberno de Grecia por segunda vez. 1869, a cidade paraguaia de Asunción é asaltada e saqueada por tropas insurrectas. 1871 Na Arxentina: entra en vigor o Código Civil arxentino, escrito por Dalmacio Vélez Sársfield. Apróbase oficialmente en España o sistema métrico decimal. 1872, entran en vigor os parágrafos 218 ao 220 do Código Penal alemán, que regulan a interrupción da preñez. 1877, na India Disraeli consegue o título de "Emperatriz das Indias" para a raíña Vitoria do Reino Unido. 1880, en Panamá comezan os traballos para a construción da Canle de Panamá. 1883, a Unión Postal Universal recibe un novo membro nas súas filas: Costa Rica. 1888 En España ten lugar a súa Primeira Exposición Universal na cidade de Barcelona. Iníciase a construción do submarino español (que será chamado "Peral"), e que rematará o 8 de setembro. 1889, preséntase nos Estados Unidos a primeira lexislación que permite a execución dos presos utilizando a cadeira eléctrica. 1890, ábrese en Monterrey a primeira institución bancaria do Banco Nacional de México. 1892, ábrese a illa Ellis, o máis famoso centro de inmigración dos Estados Unidos. 1893, o Xapón adopta o calendario gregoriano. 1896, Wilhelm Röntgen anuncia o descubrimento dos raios X. 1897, ten lugar a inauguración do telégrafo submarino que pon en contacto as cidades de Río de Xaneiro e Pernambuco. 1898 - María Luz Morales, escritora, xornalista e tradutora galega (m. 1980) 1899 O exército español entrega a illa de Cuba a Estados Unidos, que asumiu o seu goberno durante tres anos. Sae á rúa o xornal La veu de Catalunya. O goberno dos Estados Unidos concede permiso a Issaquah State Bank para a apertura e xestión dos cartos e intereses do estado.

1901 - 1950 1901 Nixeria convértese en protectorado británico. Establécese a Commonwealth de Australia mediante a unión de seis colonias. Empeza a rexer en España o horario oficial polo meridiano de Greenwich. Inaugúrase en Madagascar a primeira autoestrada do mundo, cunha lonxitude de 200 km. 1903, aparece o primeiro número do xornal español ABC, de periodicidade semanal. 1905 Novo goberno formado por Paul F. Gautsch von Frankenthurn en Austria tras unhas segundas votacións. Durante a Guerra Ruso-Xaponesa, tropas rusas réndense na localidade de Port Arthur. 1909, en Inglaterra a cámara de lores remite ó goberno o prace da acta que permitirá que os anciáns teñan dereito a cobrar unha pensión de xubilación. 1910, empeza en España o costume de comer doce uvas ao son das doce badaladas da medianoite. 1911 O xeneral Estrada é elixido presidente da República de Nicaragua. En Australia lévase a cabo o servizo militar obrigatorio coa posibilidade que que os soldados se poidan reenganchar cumprindo un máximo de 30 anos ó servizo da patria. 1912 O Goberno revolucionario chinés proclama a República e designa como presidente provisional ao líder nacionalista Sun Yat-sen. Nuns novos comicios lexislativos Daniel E. Howard acada a presidencia de Liberia. 1913, dimite o xefe do Partido Conservador de España, Antonio Maura. 1914 Entra en servizo a primeira liña aérea regular do mundo, entre St. Petersburg e Tampa, ambas no estado de Florida (Estados Unidos). A partir da data, os suecos non poderán comprar máis de 12 litros de licores por trimestre. Nixeria constitúese nunha colonia británica. 1915 O submarino alemán U-24 afunde o navío de liña británico Formidable diante de Plymouth. O presidente americano Theodore Roosevelt publica o escrito "America and the World War". 1916 O político Venustiano Carranza chega a Querétaro, cidade que proclama capital da república. Unha obra do escritor Clóvis Beviláqua é o detonante para que o goberno do Brasil cree o Código Civil Brasileiro. 1918 Nos Estados Unidos o actor británico Charles Chaplin inaugura os seus propios estudios cinematográficos en Hollywood; serán coñecidos como "United Artists". Finlandia celebra o derradeiro día do calendario xuliano. 1919, Fundación do Partido Comunista alemán, por Rosa Luxemburg, Karl Liebnecht e Guillerme Pieck. 1921, en Nicaragua Diego Manuel Chamorro comeza o seu mandato presidencial, caracterizado pola constante axitación. 1923 O aviador Sadi Lecointe establece unha nova marca mundial de velocidade en Istres, cunha media de 348 km/h. Na Arxentina inaugúrase o Museo Colonial. Créase en toda Rusia a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, que se dará a coñecer cara ao occidente baixo as siglas URSS. 1924 Estados Unidos cerra a entrada á inmigración xaponesa. En Australia constrúese o primeiro telescopio respaldado polo orzamento da Commonwealth Solar Observatory. Tamén se constitúe a Asociación Automobilística Australiana. 1925 A capital de Noruega, Cristiana, pasa a chamarse Oslo. Estrea no teatro Español da obra Hernani, adaptación dos irmáns Antonio e Manuel Machado. 1926 O número de parados en Alemaña alcanza os 2 millóns. As augas do Rhin alcanzan o seu nivel máis alto desde 1781. 1927 Primeira emisión da Cadea de Noticias BBC (British Broadcasting Corporation). A causa de certas discrepancias, Costa Rica deixa de ser membro da Liga das Nacións. 1929 Entra en vigor un novo Código Penal en España. En Nicaragua Xosé María Moncada, do Partido Liberal, asume a presidencia. Estréase na Arxentina o novo aeroporto; Arxentina S.A. 1930 80 nenos morren nun incendio dun cine en Paisley, cerca de Glasgow (Escocia). 1931, comeza a folga de mineiros no País de Gales. 1932, en Turquía ten lugar a apertura do primeiro Banco Central da República turca. 1934 Entra en vigor a lei ditada polo goberno do Reich "para a prevención da descendencia con enfermidades hereditarias". Tras novas eleccións, Libia terá un gobernador xeral italiano, Italo Balbo, que dividirá o pais en catro provincias: Trípoli, Benghazi, Derna e Misurata. Alcatraz convértese oficialmente en cárcere federal. 1935, a "Associated Press" inaugura o servizo de radiofotos. 1936, o goberno brasileiro designa a Érico Ennes Torres para a Presidencia do Tribunal de Santa Catarina. 1937, as tropas nacionais toman a cidade de Porcuna (Xaén). 1938, no Brasil Getulio Vargas inicia o Estado Novo, de tendencia fascista. 1939 Convértese nun deber para todas as rapazas españolas menores de 25 anos, cumprir durante un ano co servizo de traballo obrigatorio. En Alemaña o chanceler Hitler ordena que as tropas de paracaidistas sexan integradas na Luftwaffe. 1942 Australia recibe a visita do portaavións estadounidense USS Langley. Estréase en París o ballet Bolero, de Maurice Ravel. Por primeira vez aparece empregado o termo Nacións Unidas baixo un discurso emitido polo presidente norteamericano Franklin Roosevelt. 1943, finaliza a batalla de Guadalcanal, coa vitoria dos estadounidenses sobre os xaponeses. 1944 Franco négase a recoñecer a república fascista de Salò, constituída por Mussolini.