Henry Cavendish, nado en Niza o 10 de outubro de 1731 e finado o 24 de febreiro de 1810, foi un físico e químico británico. Como físico, é coñecido polo experimento de Cavendish (mediante o que posteriormente se determinou a constante da gravitación universal); e como químico, polo descubrimento do hidróxeno e da composición da auga.
Parte da súa popularidade posterior deriva do seu singular carácter persoal (extremadamente reservado) e das múltiples anécdotas que balizan a súa biografía.
Traxectoria Malia que nado en Francia, Cavendish foi fillo de pais británicos pertencentes á adiñeirada e respectada nobreza inglesa: Lord Charles Cavendish duque de Devonshire e Lady Ann Gray.
Aos 11 anos entrou a estudar na Escola de Newcome (en Hackney), ingresando aos 18 anos (1749) na Peterhouse, Universidade de Cambridge. Nesa época destacou por ser un alumno aplicado, calado, moi tímido, reservado e encerrado no seu mundo, os seus profesores adoitaban dicir que sempre estaba na lúa (supúxose que tiña a Síndrome de Asperger, aínda que en realidade se dedicaba a razoar e reflexionar sobre diversos temas científicos.
Cavendish é especialmente coñecido polas súas investigacións na química da auga e do aire, e polo cálculo da densidade da Terra.
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de Cavendish
Categoría:Químicos do Reino Unido Categoría:Nados en 1731 Categoría:Finados en 1810 Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Medalla Copley