Memorias dunha gueixa (en ) é un filme dirixido por Rob Marshall que se estreou no 2005. Producido polas produtoras de Steven Spielberg Amblin Entertainment e Spyglass Entertainment, e por Red Wagon Productions de Douglas Wick, está baseada na novela homónima de Arthur Golden.
Estreouse en galego na TVG o 12 de marzo de 2009.
Sinopse O Xapón, 1929. Chiyo, unha nena de nove anos, é vendida polos seus pais para traballar na casa de gueixas de Nitta Okiya. A súa irmá máis vella Satsu non é aceptada e é enviada a un prostíbulo. Na casa Chiyo coñece a Cabaza, outra nena que vai ser instruída para ser gueixa, así como ás famosas gueixas Hatsumomo (Gong Li) e a súa rival Mameha (Michelle Yeoh). Os comezos de Chiyo (Zhang Ziyi) son duros, pero un encontro co que será o amor da súa vida, o Presidente (Ken Watanabe), fará que dende ese momento só desexe converterse nunha famosa gueixa para estar máis preto del.
Personaxes Zhang Ziyi como Sakamoto Chiyo/Nitta Sayuri Ken Watanabe como Iwamura Ken Gong Li como Hatsumomo Michelle Yeoh como Mameha Kōji Yakusho como Nobu Youki Kudoh como Cabaza Kaori Momoi como Nai/Mrs. Nitta/Okasan Tsai Chin como Tía Cary-Hiroyuki Tagawa como o Barón Suzuka Ohgo como Moza Sakamoto Chiyo Kenneth Tsang como o Xeneral Karl Yune como Koichi
Galardóns e nomeamentos 2005: 3 Oscars: Mellor fotografía, vestiario, dirección artística. 6 nomeamentos. 2005: Globos de Ouro: Mellor banda sonora orixinal. 2 nomeamentos. 2005: BAFTA: Música, fotografía, vestiario. 6 nomeamentos. 2005: National Board of Review: Mellor actriz secundaria (Gong Li)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Web Oficial
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Rob Marshall Categoría:Filmes con banda sonora de John Williams Categoría:Filmes de Amblin Entertainment Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de Buena Vista International Categoría:Filmes de Spyglass Entertainment Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes de 2005 con versión en galego