Eliseo Subiela, nado en Buenos Aires o 27 de decembro de 1944, é un realizador de cinema arxentino.
Traxectoria A súa chegada ao cinema prodúcese co filme La conquista del paraíso (1980). Acadou sona por filmes tales como El lado oscuro del corazón (sobre poemas de Oliverio Girondo, Mario Benedetti e Juan Gelman), No te mueras sin decirme a dónde vas e Hombre mirando al sudeste, entre outros.
Foi distinguido “chevalier dans l´ordre des Arts et des Lettres de la Republique Française" en 1990 e membro honorario da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas de España en 1995. En 2005 obtivo unha bolsa da Fundación Guggenheim.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial de Eliseo Subiela
Categoría:Directores de cinema da Arxentina Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1944