Martell Webster, nado o 4 de decembro de 1986 en Edmonds, Washington, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense. Webster é o curmán de Jason Terry, escolta dos Milwaukee Bucks.

Traxectoria profesional Webster foi seleccionado polos Portland Trail Blazers na 6ª posición do Draft da NBA de 2005, despois de que os Blazers traspasaran a súa terceira elección aos Utah Jazz horas antes do Draft.JAZZ: Jazz Acquire 3rd Pick Foi asignado aos Fort Worth Flyers da NBA Development League polos Blazers en xaneiro de 2006, e converteuse no xogador drafteado máis arriba (6ª posición) en ser asignado á D-League ata Hasheem Thabeet. Máis tarde volveu aos Trail Blazers, en febreiro de 2006. Acadou a súa mellor marca da tempada con 26 puntos o 5 de xaneiro de 2008 na vitoria contra os Utah Jazz, con 24 deles anotados no terceiro cuarto. En outubro de 2008, Webster asinou unha extensión de contrato de 4 anos, por valor de 20 millóns de dólares.Agent: Trail Blazers sign swingman Webster to 4-year extension

O 20 de febreiro de 2009, o preparador dos Blazers, Jay Jensen, anunciou que Webster íase perder o resto da tempada 2008-09 debido a unha lesión no pé esquerdo.

O 23 de xaneiro de 2010, anotou 28 puntos, o máximo da súa carreira, na vitoria contra os Detroit Pistons, igualando ademais o seu maior número de triplas nun partido, con 6 lanzamentos de tres conseguidos. Webster foi traspasado o 24 de xuño de 2010 aos Minnesota Timberwolves a cambio de Ryan Gomes e os dereitos de Luke Babbitt.2010 NBA draft: Washington Wizards select John Wall at No. 1 - ESPN

O 13 de xullo de 2012, Webster foi cortado polos Timberwolves. O 29 de agosto de 2012, asinou cos Washington Wizards.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados no condado de Snohomish, Washington Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Washington Wizards