Unbreakable é un filme estadounidense escrito, producido e dirixido por M. Night Shyamalan que se estreou no 2000. Está protagonizado por Bruce Willis e Samuel L. Jackson. Unbreakable conta a historia dun garda de seguridade de Filadelfia, David Dunn, que lentamente descobre que é un superheroe.

Unbreakable recibiu críticas positivas, gabando o tema de superheroe, as interpretacións dos actores e a banda sonora de James Newton Howard. Posteriormente converteuse nun filme de culto e a revista Time listouno entre os dez mellores filmes de superheroes de tódolos tempos.

Sinopse Elijah Price (Samuel L. Jackson) naceu con osteoxénese imperfecta do tipo I, unha rara enfermidade que provoca que os ósos do corpo rompan doadamente. Afeccionado e debuxante de banda deseñada, durante as súas longas estadías no hospital, Price teoriza sobre o feito de que se el é fráxil en extremo, tamén é probable que exista outra persoa que sexa forte no extremo oposto.

Anos despois, o garda de seguridade David Dunn (Bruce Willis) está tamén buscando o senso da súa existencia. Deixou unha prometedora carreira no fútbol americano por casar coa súa muller Audrey (Robin Wright Penn), pero tempo despois o seu matrimonio fracasou.

Máis tarde prodúcese un accidente ferroviario. Cento dezaoito persoas e sete tripulantes viaxaban no tren de pasaxeiros. Só se atopou un sobrevivente: David Dunn. Elijah Price, proponlle unha estraña explicación que xustificaría por que David saíu indemne do accidente, unha explicación que podería cambiar para sempre a vida de David.

Personaxes Bruce Willis como David Dunn Samuel L. Jackson como Elijah Price Robin Wright Penn como Audrey Dunn Laura Regan como Audrey con 20 anos Spencer Treat Clark como Joseph Dunn Charlayne Woodard como Mrs. Price Eamonn Walker como Dr. Mathison M. Night Shyamalan como Repartidor de droga do estadio Richard E. Council como Noel Michael Kelly como Dr. Dubin

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por M. Night Shyamalan Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes de Touchstone Pictures Categoría:Filmes de Blinding Edge Pictures Categoría:Filmes rodados en Pensilvania Categoría:Filmes sobre asasinatos en masa