Bernardino Lombao Sotuela, nado en Ribas de Sil o 6 de agosto de 1938 e finado en Boadilla del Monte o 23 de abril de 2020, foi un atleta, xogador de balonmán, adestrador deportivo, empresario e presentador de televisión galego.

Traxectoria Aínda que nado en Ribas de Sil, de neno marchou co seu pai, que traballaba na Renfe, e co resto da súa familia a Irún. Como atleta, Lombao destacou en dous deportes: o atletismo e o balonmán. Como atleta, foi internacional por España nas probas de 400 metros valados e décatlon en diversas ocasións entre 1958 e 1967. Posteriormente fichou polo Atlético de Madrid de balonmán, co que gañou os campionatos de liga española en 1967, 1968 e 1969.

Logo da súa retirada, dedicouse, ademais de ao atletismo para veteranos, ao adestramento deportivo e á comunicación, creando e presentando programas deportivos para televisión. Como adestrador encargouse entre outros da selección española de baloncesto en categoría júnior, tanto a feminina como a masculina, e foi tamén o preparador físico de Jose María Aznar durante a súa etapa como presidente do goberno entre 1996 e 2004.Ejercitar el cuerpo para vivir mejor: es la clave , El Mundo, 8/10/2002.

Despois de crear e presentar programas de televisión baseados en temas olímpicos, como De Olimpia a Los Ángeles ou Objetivo 92, en 1995 creou ademais a súa propia empresa para organizar eventos deportivos e producir diversos programas de televisión como Escuela del deporte, El sueño olímpico, Esport divertit ou Deporte divertido.Web de Comunicación, Deporte y Producciones .“Escuela del deporte” apuesta por el magazin, ABC, 3/2/2001..

Obra Como escritor de temas deportivos ten, entre outras, as seguintes obras: Entrenar el cuerpo, mejorar la vida. Los secretos de un gran preparador físico. 2002 La ciencia de la revitalización: ¡mejora tu calidad de vida ya!. 2008

Notas

Categoría:Xogadores de balonmán de Galicia Categoría:Atletas de Galicia Categoría:Atletas de probas combinadas Categoría:Atletas de valados Categoría:Adestradores de Galicia Categoría:Adestradores de atletismo Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Empresarios dos medios de comunicación Categoría:Presentadores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Ribas de Sil Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Preparadores físicos Categoría:Presentadores de Televisión Española