Oleksiy Pecherov (Олексій Печеров en lingua ucraína), nado o 8 de decembro de 1985 en Donetsk, RSS de Ucraína, Unión Soviética, é un xogador ucraíno de baloncesto profesional.
Foi seleccionado na 18ª posición do Draft da NBA de 2006 polos Washington Wizards. Pecherov asinou un contrato cos Wizards o 5 de xullo de 2007. Anteriormente, xogou para o Paris Basket Racing en Francia. O 23 de xuño de 2009, foi traspasado xunto a Etan Thomas, Darius Songaila, e unha elección de primeira rolda do Draft aos Minnesota Timberwolves a cambio de Randy Foye e Mike Miller.Source: Foye, Miller head to Wiz
En 2010, xogou para o AJ Milano da liga italiana. Un ano máis tarde asinou co BC Azovmash Mariupol de Ucraína.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en Euroleague.net
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados na rexión de Donetsk Categoría:Xogadores de baloncesto de Ucraína Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores do Olimpia Milano Categoría:Xogadores do Valencia BC