Seguramente a orixe das prácticas de coidados a enfermos e feridos está ligada ás intervencións maternais que aseguraban a continuidade da vida e da especie. A alimentación, como necesidade básica nos primeiros estadios evolutivos do home que implica suplencia e axuda (por parte da nai ou substituta), considérase como a práctica de coidados máis antiga.Hernández Conesa, Juana (1996): Cuestiones de Enfermería. McGraw-Hill/Interamericana de España. ISBN 84-486-0103-3.
A historia da enfermaría mostra como esta disciplina foi formándose no curso dos anos, frecuentemente de forma empírica, ao redor da relixión ou de sucesos como as guerras, as necesidades da sociedade en materia de saúde, que foron evolucionando cos tempos, e tamén das reflexións humanistas e mais da toma de conciencia das necesidades sociais.
A enfermaría e os coidados enfermeiros evolucionaron paralelamente coa historia da medicina e a da filosofía da ciencia.
Historia Primeiros tempos A arte enfermeira ou arte de coidar aparece descrita de diferentes maneiras nas culturas populares. Desde a época de Homero e de Sócrates existe constancia de que xa se tiña en conta de que o feito de autocoidarse, desde a perspectiva da limpeza e nutrición adecuada, mantiña a vida e a prosperidade dunha persoa.
Febe (ca. 60 d.C.) é a única muller coñecida da antigüidade como dedicada aos coidados. Era unha muller corintia, mencionada polo apóstolo San Paulo en Romanos 16: 1-2, como unha diaconisa da antiga Igrexa cristiá. Atendía os pobres nos seus fogares e, co tempo, este labor transformouse na parte primordial do traballo das diaconisas. Non obstante, non se relaciona coa enfermaría.Hernández Conesa, Juana. Op. cit.
Idade Media Na Idade Media, a vocación de "prestar axudar ao semellante" está estreitamente ligada á ideoloxía da relixión e da Igrexa. Os coidadores adoptan consignas similares ás da relixión de Cristo: socorrer os humildes, ter misericordia cara aos aflixidos, atender os enfermos etc.. pois, na época, a idea de pobreza está unida á da caridade.
As grandes epidemias e os tempos de guerra influíron na organización do coidado ás persoas enfermas no seo das congregacións relixiosas. O cristianismo e a súa organización (a Igrexa) tivo vínculos históricos importantes coas prácticas de coidados de enfermaría desde os mosteiros a través das ordes relixiosas, así como desde a conquista da Terra Santa nas cruzadas. Como consecuencia do pensamento medieval relacionado coa reconquista dos Santos Lugares, xurdiu un movemento organizado que cristalizou no fenómeno histórico das cruzadas, as cales deron lugar á aparición de tres tipos de figuras: o guerreiro, o relixioso e mais o enfermeiro. miniatura|250px|Hôtel-Dieu de París en 2007 miniatura|250px|dereita|Hôtel-Dieu de Lión, na actualidade
A demanda de hospitais e de persoal sanitario nas rotas seguidas polos cruzados propiciou a aparición das Ordes Militares dedicadas á enfermaría: especialmente da Cabaleiros Hospitalarios de San Xoán de Xerusalén, que fundaron as primeiras enfermarías que tiñan a vocación de "asegurar e coidar", pero tamén os Cabaleiros Teutónicos e os Cabaleiros de San Lázaro.
Paralelamente, os hospitais evolucionaron seguindo o desenvolvemento das cidades: novas formas de asistencia desenvólvense, sobre todo desde o século VII, no seo do que os franceses denominan Hôtel-Dieu. Estas institucións comezan a restrinxir as entradas de moita xente en proveito dos enfermos curábeis, e especialízanse en hospicios onde os coidados aos enfermos se organizan a través da xerarquía relixiosa e son dispensados polas sores (monxas) hospitalarias. O coidado aos enfermos baséase entón na aplicación de técnicas e coñecementos médicos e cirúrxicos que lentamente se van desenvolvendo.
Pero en España, a primeira institución destinada a acoller enfermos data dun século antes: foi o Hospital do Bispo Masona, en Mérida, no século VI, segundo Domínguez Alcón e o Diccionario Eclesiástico de España.
Entre os hospitais medievais onde se desenvolvían actividades de enfermaría encóntranse o Hôtel-Dieu de París e o de Lión, o Hospital Santo Spirito de Roma, o Hospital da Seo de Tortosa, o Hospital de Mérida e o Hospital d'en Clapers de Valencia, dos cales, segundo datos recollidos por Domínguez Alcón, os dous primeiros perduran na actualidade.Véxanse as fotos recentes destas dúas institucións.
O chamado movemento beguino, constituído por "mulleres santas" que coidaban enfermos, diferénciase fundamentalmente, dentro da armazón histórica-cristiá-caritativa ligada aos coidados de enfermaría, en que non asumían os votos preceptivos propios das ordes relixiosas.
As denominacións das persoas encargadas de proporcionar coidados de enfermaría variaron ao longo da historia en función da época e do contexto onde estes se desenvolvían (hospitais, leprosarías, ordes militares, ordes relixiosas e ámbitos domésticos): macipa, mossa, clavera, donado, donada, hospitaler, hospitaleira, enfermeiro, enfermeira. Segundo a historiografía estudada até agora, os administradores ou procuradores dos hospitais eran homes, salvo no Hospital del Rey de Burgos.
Idade Moderna miniatura|250px|Grande Hospital Real ou Hospital dos Reis Católicos. Construído en Santiago de Compostela, entre 1501 e 1511, por decisión dos Reis Católicos de 1499, baixo a dirección de Henrique Egas.Serviu como hospital até mediados do século XX, data na que se transformou no Hostal dos Reis Católicos, parador nacional de turismo.
No século XVI os coidados non son aínda coidados médicos, senón máis ben axudas aos indixentes, aos camiñantes (peregrinos) e aos mendigos. Até o ano 1500, a escasa atención en canto á regulamentación dos coidados de enfermaría, practicados en ámbitos domésticos, propiciou unha variedade de grupos que exercían estas actividades fóra dos ámbitos institucionais: amas de cría, parteiras o comadroas, grupos dedicados ao coidado a domicilio e grupos dedicados a outras prácticas sandadoras.
A Reforma protestante tivo, nos países onde se implantou, graves consecuencias para os coidados da saúde debido á supresión das institucións de caridade, posto que para a filosofía protestante "non son necesarias as obras de caridade para obter a salvación". Isto traduciuse nun abandono da consideración do coidado de enfermaría, que continuou existindo no ámbito católico.
Entre os anos 1500 e 1860 a enfermaría tivo o seu peor momento en canto ao seu progreso, debido a que a idea predominante era de que constituía unha ocupación relixiosa máis que intelectual, polo que o seu progreso científico se consideraba innecesario.A este respecto, véxase o que se di no artigo Historia da cirurxía sobre as loitas entre a Igrexa e os científicos nas idades media e moderna.
Ademais, tras a Reforma protestante, produciuse nos países reformados unha desmotivación relixiosa para dedicarse ao coidado de enfermos entre as persoas laicas e, como consecuencia, unha relegación das antigas pacientes, presas e outras persoas dos estratos máis baixos da sociedade da actividade de lles aplicar coidados. Donahue denominou a este período a "Época escura da enfermaría".
miniatura|esquerda|170px|San Xoán de Deus, pintado por Murillo. miniatura|esquerda|170px|San Vicente de Paúl (1581-1660)
En 1540, Bernardino de Obregón, reformador da enfermaría da súa época, que durante máis de 20 anos serviu en hospitais de Madrid (chegou a dirixir o Hospital General), observara as moitas carencias que tiña a práctica da enfermaría. Isto, xunto coa súa elevada formación e o seu espírito reformador, levouno a propoñer cambios moi importantes na forma de entender a práctica dos coidados enfermeiros.
Fundou a Mínima Congregación de los Hermanos Enfermeros Pobres (coñecidos ata o século XIX como enfermeiros obregóns) e transmitiu aos seus irmáns os seus saberes, deixándolles a encarga da elaboración dun tratado específico para os enfermeiros. miniatura|200px|Corpo de Santa Luísa de Marillac (1591-1660) Dezaoito anos despois da súa morte, en 1617, un irmán obregón, Andrés Fernández, imprimiu un manual, Instrucción de Enfermeros y método de aplicar los remedios a todo tipo de enfermedades, que foi o primeiro no seu xénero elaborado por enfermeiros e para enfermeiros. Coñeceu cinco edicións entre os séculos XVII e XVIII.
En 1545 falece en Granada (España) Xoán de Deus (que subiría aos altares co nome de San Xoán de Deus). A súa obra de entrega aos enfermos será proseguida polos seus irmáns, que constituirían á Orde de San Xoán de Deus a partir da segunda metade do século XVI.
Neste mesmo século Vicente de Paúl e Luísa de Marillac fundan, en 1633, a congregación das Irmás (ou Fillas) da Caridade, Serventas dos Enfermos Pobres, que instruían mulleres para que puideran prestar coidados a domicilio e levar asistencia espiritual aos enfermos nas Confrarías da Caridade.
Estas comunidades non tiñan convento, senón que coidaban aos pobres na súas casas: "Non teremos mosteiro, pero si as casas dos enfermos, unha habitación alugada, a capela, a igrexa da parroquia, os recantos das rúas da cidade ou as salas dos hospitais".Sisters of Charity of St. Vincent de Paul. Catholic Encyclopedia.
En 1645 Jeanne Mance inaugura o primeiro hospital de Norteamérica, o Hôtel-Dieu de Montreal e, entre ese ano e 1656, as Irmás da Caridade tratan aos feridos das batallas en Sedán e Arras, en Francia. Xa en 1660 existen máis de corenta casas das Irmás da Caridade en Francia e noutros países; os enfermos pobres son atendidos nos seus fogares en 26 parroquias de París.
No século XVIII xorde, en Francia, a noción de "gobernar as enfermidades", coa primeira obra destinada a dar instrución a todas as persoas caritativas que lles daban os seus coidados aos seus semellantes.
En 1785, Colombier e Doublet publican un informe titulado Instruction sur la manière de gouverner les insensés et travailler à leur guérison dans les asyles qui leur sont destinés. E en 1786, Joseph Carrère, médico do rei de Francia, publica á súa vez un manifesto en favor da instrución dos garda-enfermidades, non tanto para gobernalas, senón máis ben para servir aos enfermos.
Outros feitos destacábeis na historia da enfermaría neste século foron a viaxe que fixo, co exército de Braddock, en 1755, Rabia Choraya, xefa de enfermaría no exército marroquí, durante o conflito bélico entre Francia e a India, e que foi a muller mellor pagada e respectada no exército; ou o de que en 1783 James Derham, un escravo de Nova Orleáns, comprou a súa liberdade con diñeiro gañado grazas ao seu traballo como enfermeiro.Aetna. History African American Nurses
Jean Baptiste Pussin, gobernador dos tolos e tolas de Bicêtre (val do Marne), concibiu a idea de dar un tratamento máis humano aos enfermos. Algúns anos máis tarde, en 1795, xunto co célebre alienista Philippe Pinel, liberou os alienados das súas cadeas.
Idade Contemporánea miniatura|Monumento na rúa do Parrote, no porto da Coruña, en homenaxe ao Dr. Balmis, a Isabel Zendal e aos nenos orfos que partiron na expedición. Despois da Revolución francesa algúns homes, especialmente Condorcet e o Abade Grégoire, militaron igualmente en favor da instrución das persoas que coidan e dos coidados que prodigan.Magnon, René: "Les figures marquantes des soins infirmiers". In La Revue de l'Infirmière, números 134 e 135 (2007) e 137 e 138 (2008).