Stephanie Onyekachi Okereke, nada en 1982 en Ngor-Okpala, estado de Imo é unha actriz, directora de cinema e modelo nixeriana. Ó longo da súa traxectoria recibiu numerosos recoñecementos e premios polo seu traballo como actriz.

Biografía Stephanie Okereke naceu no Estado de Imo, en Nixeria. Ela é a sexta de oito irmáns. Completou a súa escola primaria e secundaria en "Delta State" antes de ir á Universidade de Calabar, onde se graduou cunha licenciatura en Inglés e Literatura.

Traxectoria Xa durante a súa adolescencia, en 1997, protagonizou dous filmes de Nollywood, Compromise 2 e Waterloo. No 2002 acadou o segundo posto nun concurso de beleza en Nixeria. Un ano máis tarde, en 2003, recibiu dous premios como Mellor Actriz do ano 2003 e como Mellor Actriz en Inglés. Tras graduarse na "New York Film Academy" en 2007, Okereke lanzou o filme Through the Glass no que participou como directora, guionista, produtora e actriz. O filme recibiu un "African Movie Academy Award" por Mellor Guión en 2009. Okereke xa actuou en máis de 90 filmes.

Vida persoal Okereke estivo casada cun ex xogador de fútbol americano en agosto de 2004. O casamento foi disolto oficialmente en xaneiro de 2007. En abril de 2005, no seu camiño para a "African Movie Academy Awards", realizada en Yenagoa, Estado de Bayelsa, en Nixeria, Okereke estivo implicada nun grave accidente de coche que a deixou con queimaduras por todo o corpo e unha perna rota. Axiña se recuperou do accidente e volveu a actuar.

Filmografía Ano Filme Papel Notas 1997Compromise 2Waterloo 2002Pretendercon Patience Ozokwor e Tony UmezBlind Justicecon Tony Umez 2003AristosEmotional Crackcon Ramsey Nouah, Dakore Egbuson e Patience OzokworGenesis of LovePrivate Sincon Genevieve Nnaji, Richard Mofe Damijo e Patience OzokworQueen ShebaThe Cross of Lovecon Patience OzokworTogether as One 2004Beautiful Facescon Ini EdoCritical Decisioncon Genevieve Nnaji, Richard Mofe Damijo e Mike EzuruonyeDeep Losscon Desmond ElliotDiamond Lady: The Business WomanDream LoverBenitaEye of the Godscon Ini EdoIn the Name of Lovecon Desmond ElliotLast Girl StandingMagic MomentStephine Okerekecon Desmond ElliotMama-G in Americacon Patience OzokworMiss NigeriaMore Than a WomanMy Mother My MarriageOfficial Romancecon Zack OrjiPromise & Failcon Desmond ElliotPromise Me Forevercon Genevieve NnajiRight Man for Mecon Tony UmezSensational SpyStrength of a WomanTo Love AgainVirgins Night OutWorking Class Ladycon Rita Dominic 2005A Time to DieDays of BondageLuciaGuys on the Linecon Rita DominicLonely Heartscon Ini EdoOla... the Morning Suncon Pete EdochieOmalinzeAdaugocon Onyeka OnwenuPrice of Ignorancecon Pete EdochiePrincess of WealthRoyal BattleStreet FameWindfall Woman on Top 2006Behind the Plotcon Desmond ElliotDaytime LoversBintacon Tony UmezEfficacy con Desmond ElliotShut InSitandadirixida por Izu Ojukwu, este filme recibiu nove nomeamentos e gañou 5 premios no 3rd African Movie Academy Awards en 2007, incluíndo Mellor Fotografía e Mellor Filme de Nixeria.The Law StudentsThe PreacherUpside Downcon Patience Ozokwor e Tony Umez 2007A Time to LoveHopecon Desmond ElliotGovernor's Wifecon Ramsey Nouah 2008Mission to NowhereHidden TreasureNadinecon Ramsey Nouah, Nadia Buari e Olu JacobsThrough the GlassAdacon Garrett McKechnie, Christy Williams e Pascal Atuma2009Nnendaeste filme, dirixido por Izu Ojukwu, recibiu tres nomeamentos no African Movie Academy Awards no 2010, incluíndo o nomeamento ó Heart of Africa

Premios e nomeamentos 2002: Muller máis fermosa de Nixeria, Segundo posto 2003: What a Year Award á Mellor Actriz 2003: Reel Award á Mellor Actriz - Inglés e Mellor Actriz do ano 2004: Afro-Dublin Award á Mellor Actriz Secundaria 2004: Film Makers of Nigeria, Premio á Excelencia 2005: African Movie Academy Award, Mellor Actriz en Papel Principal - nomeada 2006: Afro Hollywood Award á Mellor Actriz 2009: African Movie Academy Award, Mellor Actriz en Papel Principal - nomeada 2010: African Movie Academy Award, Mellor Actriz en Papel Principal - nomeada

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Páxina oficial

Categoría:Modelos femininas de Nixeria Categoría:Actores de cinema de Nixeria Categoría:Directores de cinema de Nixeria Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Nixeria